AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 50 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Punto Info. Catastral - Concello de Cedeira

PHP-NukePunto info. Catastral

Dirección:
Rúa Real, 15 - 15350 Cedeira - A Coruña     

Horario:

De luns a xoves - de 10:00 h. a 14:00 h.

Normativa:

Resolución do 29 de marzo de 2005, da Dirección Xeral do Catastro, pola que se aproba o réxime xurídico de establecemento e funcionamento dos Puntos de Información Catastral.

Servizos que ofrece o Punto de Información Catastral:

- Servizo de consulta libre e certificación electrónica de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital.
- Servizo de consulta e certificación electrónica para os titulares catastrais de datos catastrais protexidos, relativo aos inmobles da súa titularidade.
- Servizo de certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral, relativa ao propio solicitante.

Entidades autorizadas para a prestación do servizo:

As corporacións locais e as demais administracións públicas, así como os entes e organismos delas dependentes.

Requisitos:

Libre acceso para a consulta e certificación de datos catastrais non protexidos que consten na Base de Datos Nacional do Catastro.

Ser titular catastral, ou o seu representante ou a persoa autorizada polo titular, para a consulta e certificación dos datos catastrais protexidos dos inmobles da súa titularidade.

Documentación:

Acreditación da identidade. Documento Nacional de Identidade.

Acreditación, se é o caso, da representación ou da autorización.

Tratándose de datos catastrais protexidos, a normativa sobre os Puntos de Información Catastral unicamente permite o acceso a estes servizos a quen figura inscrito no Catastro como titular catastral.
Polo tanto, a falta de coincidencia entre o NIF de quen figure como titular catastral e do solicitante, actúe por se ou por representación, determina que non poida ser atendida a solicitude, sendo nestes casos precisa a intervención da xerencia /subxerencia do catastro, ao que o interesado debe desprazarse ou ben dirixir un escrito describindo a situación particular que impide o acceso aos datos catastrais protexidos e solicitando a corrección dos datos que se consideren erróneos.

Tampouco poderanse atender no Punto de Información Catastral as solicitudes dos que se amparen nalgún dos supostos de interese lexítimo e directo establecidos no artigo 53 do texto refundido da Lei do catastro inmobiliario.

Link: Concello de Cedeira



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 1


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Punto Info. Catastral - Concello de Cedeira" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.22 Segundos