|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 26 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Concello de Cedeira - GalEco |
GalEco, a primeira Feira das Enerxías Renovables de Cedeira promovida
polo Concello, incluirá esta fin de semana a Feira do Sol, unha
experiencia lúdica a pé de rúa encamiñada a redescubrir a aportación do
sol á vida cotiá, así como os seus usos e aplicación para
proporcionarnos enerxía. Pero, ¿que poderemos atopar nela? Dende cociñas
solares a mini-bicis, caixas de cartón reconvertidas en fornos, a
biblio-sol e un sinfín de inxenios. Un equipo de monitores amosará ao
público asistente as ventaxas de recurrir a unha das fontes renovables
máis viables no futuro, cuxo uso doméstico e industrial contribuirá a
reducir significativamente a dependencia actual dos combustibles
tradicionais. Unha fonte enerxética respetuosa co medio ambiente e que
axuda a rebaixar a factura eléctrica tras un investimento inicial
rapidamente amortizable. ¿Usos a nivel doméstico? Os sistemas solares
que actualmente se comercializan no mercado permítennos dende a
producción de auga quente sanitaria ata o alumeado de exteriores,
xardíns ou camiños públicos, pasando pola posibilidade de dotar de
calefacción á vivenda ou incluso cociñar os nosos alimentos. GalEco
descubrirá todas e cada unha das súas funcionalidades, dun modo ameno e
práctico, a persoas de calquer idade. Será na Feira do Sol. Neste senso,
o concelleiro de Desenvolvemento Económico, Luis Rubido, lembrou que
GalEco abrirá os seus stands expositores este sábado a partires das 11
horas. O horario extenderáse pola mañá ata as 14 horas, para retomar a
actividade pola tarde de 16 a 20 horas. Idéntico guión, o domingo.
Diferentes firmas e asociacións estarán presentes na Feira de Cedeira,
no paseo que discurre entre a ponte vella e a nova, en pleno casco
histórico da vila. Alí amosarán as ventaxas do uso doméstico e
industrial das fontes de enerxía renovables. Promace, a asociación de
Productores de Madeira de Cedeira, entidade integrada por máis de 600
propietarios de montes da localidade e de Valdoviño; o operador luso
BSL; Auténtica Generación Distribuida CyL, promotora da pranta de
coxeneración de biomasa forestal que comezará a súa actividade no
polígono da Trabe; Tuimil, Electric City Motor00 e Renault presentando
vehículos eléctricos de todo tipo alternativos ao turismo tradicional;
Grupo Austen coas súas solucións intelixentes para a xestión do alumeado
ou a agricultura; Sotavento e a súa experiencia na producción de
enerxía eólica… serán algunhas das empresas que tomen parte no evento.
Link: Concello de Cedeira
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 5 votos: 1
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Concello de Cedeira - GalEco" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|