|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 32 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Concello de Cedeira - GalEco |
© 2013 - Concello de Cedeira Cedeira será sede da primeira edición de GalEco, unha Galería aberta ao
mundo da Ecoloxía e, máis concretamente, das Enerxías Renovables.
Organizada polo Concello, celebraráse o sábado 8 e o domingo 9 de xuño
na vila. A avenida da Marina, no tramo que discorre entre as pontes
vella e nova, albergará a cita en horario de mañá (de 11 a 14 horas) e
de tarde (de 16 a 20 horas). Neste senso, o concelleiro de
Desenvolvemento Local, Luis Rubido, explica que a feira nace cun
obxetivo moi claro: fomentar o uso das enerxías renovables a nivel
doméstico, dando a coñecer os sistemas que veciños e veciñas teñen ao
seu alcance, explicando o seu funcionamento e informando dos seus
beneficios, tanto de carácter medioambiental como económico. Para isto,
firmas comerciais especializadas amosarán ao público todo tipo de
productos, dende placas solares para abastecer de enerxía a vivenda ata
cociñas e caldeiras de biomasa.
O catálogo completaráse con obradoiros prácticos, aglutinados en torno
ao que se ten denominado a Feira do Sol, onde os asistentes poderán
comprobar in situ o seu funcionamento. Outro dos puntos fortes de GalEco
será a tecnoloxía smart, enfocada a particulares e administracións
públicas. A firma Grupo Austen, especializada en wireless sensor
networks, dará a coñecer Siega System e SiLamp, dúas ferramentas de
eficiencia enerxética con múltiples aplicación no campo da agricultura, o
alumeado público ou a xestión de residuos. Unha tecnoloxía que funciona
con éxito na smartcity de Santander. E unhas ferramentas con sello
ferrolán que permiten xestionar a través do móbil ou o ordeador dende o
control de rego en cultivos ou xardíns ata o acendido e apagado
programado de puntos de luz. Neste contexto, Luis Rubido asegura que
GalEco nace con vocación de continuidade e con ganas de reeditar a cita
en próximos anos, ampliando e mellorando a súa oferta. E é que GalEco
nace do compromiso do goberno local coas enerxías renovables. Compromiso
que ten acompañado á xestión municipal. Así, as actuacións máis
recentes nesta materia teñen permitido levar a cabo a instalación de
paneles solares no pavillón polideportivo municipal para a producción de
auga quente para a piscina climatizada ou a sustitución da caldeira de
gasoil por unha de biomasa na escola infantil municipal, así como a
paulatina renovación das luminarias por outras de baixo consumo. Con
esta Galería aberta ás enerxías renovables, o goberno local de Cedeira
dá un paso adiante e, á par que traballa para que a Administración local
sexa un exemplo nesta materia, busca a implicación dos veciños para
lograr que o uso de sistemas de eficiencia enerxética se convirta nunha
realidade. Con ventaxas para o medio ambiente, pero tamén para a
economía doméstica, posto que a inversión inicial, co prezo das fontes
de enerxía tradicionais en continua subida, lógrase amortizar nun
periodo de tempo máis que razoable.
Link: Concello de Cedeira
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Concello de Cedeira - GalEco" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|