|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 67 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Concello de Cedeira - Maiores |
O Concello de Cedeira organiza sendas excursións para os maiores da
vila. No primeiro caso, á localidade de Muros e á fervenza do Ézaro,
situada á beira do pobo que lle dá nome. No segundo, a Caminha e a
Valença do Minho. Dúas excursións coas que o Concello pretende ofrecer
actividades de ocio para o colectivo da Terceira Idade, creando espazos
nos que compartir o seu tempo. A primeira viaxe terá lugar o próximo
domingo día 21 de abril e, o segundo, o 8 de maio. Na xornada de hoxe, o
Departamento Municipal de Servizos Sociais abría o prazo para que as
persoas interesadas en participar se anotasen. Poden facelo chamando ao
teléfono 650 779 862 ou ben de forma presencial na cafetería do centro
sociocultural (emprazada no Auditorio Municipal). O custe da primeira
excursión é de 30 euros e a viaxe a Portugal, de 22. A excursión do día
21 de abril inclúe os desprazamentos en autocar, unha visita guiada con
guía turístico a Muros e comida no mesmo municipio. O menú está composto
por mexilóns, salpicón de polbo, bacallao, torta de queixo, auga, viños
e refrescos e café. Así mesmo, e xa pola tarde, os maiores poderán
disfrutar dun auténtico espectáculo da natureza: a fervenza do Ézaro, a
única de Europa que desemboca no mar. No caso da viaxe a Portugal,
programada para o 8 de maio, os participantes poderán visitar a
localidade lusa de Caminha, onde destaca o seu centro histórico de
trazado medieval e a beleza das súas paraxes naturais, e a Fortaleza de
Valença do Minho, coñecida pola súa actividade comercial. Neste caso, o
prezo da excursión non inclúe a comida.
Link: Concello de Cedeira
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 5 votos: 1
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Concello de Cedeira - Maiores" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|