|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 67 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| A Xunta pide máis de cinco anos de cadea |
Cinco anos e tres meses de prisión, 20 fins de semana de arresto e unha
multa de 10 meses a razón de 30 euros o día. Esta é a petición de
condena que fai a Xunta de Galiza para Xesús Anxo López Pintos polos sucesos producidos na Confraría de Mugardos
en setembro de 2001 nos que resultou ferido un axente da Policía
Nacional. A demanda de pena é aínda máis dura ca da Fiscalía, que
solicitaba dous anos e medio de prisión e inhabilitación especial para
o sufraxio pasivo.
Os feitos remóntanse até hai oito anos, cando
era patroa maior do pósito de Mugardos Oliva Bonome. Un sector dos
armadores e socios estaban en contra da súa xestión (mesmo foi acusada
dun delito de prevaricación e de apropiación indebida cometido durante
o seu mandato) e en diferentes concentracións exixiron a convocatoria
urxente de eleccións e a presentación das contas da entidade. Foi nun
destes actos cando se produciron os altercados polos que agora se pide
cadea para Xesús Anxo López Pintos, quen hoxe ostenta o cargo de
secretario comarcal da CIG
en Ferrol. Segundo o informe do atestado da Policía Xudicial, un axente
di que o acusado lle chegou a golpear na cabeza en dúas ocasións e que,
unha vez no chan, "lle propinou varias patadas".
Defensa e solidariedade O xuízo celebrarase este xoves en
Ferrol, para cando está convocada unha concentración en protesta e
solidariedade co acusado. López Pintos nega as agresións que lle
imputan, ao tempo que asegura que, en todo caso, o agredido foi el
mesmo. "Iso é falso", di o sindicalista, quen relata que "en ningún
momento colleu pedras nin deu patadas aos axentes que estaba alí".
Ademais, precisa que naquela zona onde se produciron os feitos "non
había pedras" e que o único que fixo foi "tratar de calmar os ánimos
naqueles momentos de tensión". Finalmente, acusa ao goberno de entón (PP) "de posicionarse de forma partidista a favor da patroa maior e provocar así todo o conflito".
Link: VIONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
"A Xunta pide máis de cinco anos de cadea" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|