- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 42 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Acampada ETSAC

PHP-NukeEnviámoslles este comunicado para informarlles de que o luns 4 de marzo ás 12:30 por mor da visita da presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, para inaugurar unha exposición na Escola Técnica Superior de A Coruña, o colectivo de Acampada ETSAC darémoslle o noso manifesto e amosarémoslle a nosa rotunda oposición aos recortes en educación levados a cabo polo goberno do Partido Popular.


Manifesto ACAMPADA

Os estudantes da Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña unímonos para analizar o significado da Universidade e os problemas xurdidos neste contexto de crise económica.

Entendemos que a Universidade debe proporcionar a formación necesaria para que a xeración na actual formación e as que están por vir sexan partícipes do cambio necesario para mellorar a situación actual.

A formación universitaria debe ter a súa base nos valores democráticos de liberdade, igualdade e responsabilidade; e fomentar o pensamento crítico para levar a cabo o cambio.

 

Consideramos que a administración da Universidade necesita dunha maior inversión e  eficacia para adecuarse ós problemas actuais, evitando a dependencia do capital privado como se incentiva no Plan Bolonia e na Estratexia Universidade 2015.

Requírese dunha maior representación do alumnado e poder de decisión que asegure a transparencia e a eficiencia. Para isto propoñemos a necesidade de crear procesos de consulta tales como referendos vencellantes de cara ás decisións de gran transcendencia.

Aténdonos ó concepto de universidade pública e igualdade social, estamos en contra da subida das taxas e os requisitos para acceder ás bolsas de estudo, considerando que non se pode xulgar ás diferentes universidades nin alumnos sen ter en conta os parámetros locais de cada centro.

Avogamos pola retirada da Lei de medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo (R.D. 14/2012) e a que regula actualmente a dotación de bolsas e axudas (R.D. 1000/2012), así como a conxelación da LOMCE (Lei de Mellora da Calidade Educativa) co obxectivo de chegar ó consenso mediante unha comisión de traballo que abarque a todos os afectados na súa implantación (profesorado, pais de alumnos, estudantes universitarios, etc.)  traballando dende os supostos de redución dos riscos de exclusión de alumnos e clases sociais.

Esiximos unha renovación total do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte en rexeitamento a súa actitude que frea calquera tipo de diálogo; facendo imposible este consenso elevando a tensión social e creando unha cortina de fume que centra a atención dos medios en declaracións polémicas, desviándose dos verdadeiros cambios emprendidos.

Consideramos que o acceso á cultura e ó material escolar son bens de primeira necesidade que non se deben gravar coa subida do IVE.

Ademais cremos que a axuda ó estudo non só debe ser unha aportación económica. Debe engadir un sistema eficaz de residencias públicas, convenios con empresas de transporte e acceso ó material educativo, entre outras.

 

En resposta a todo isto:






Propoñemos incentivar a relación entre Formación Profesional e Universidade creando pasarelas dende os Módulos Profesionais cara a Ensinanza Superior, e posibilitar a eliminación das Probas de Acceso a Universidade do alumnado procedente da educación pública.

Fomentar a innovación, investigación e divulgación científica durante toda a etapa formativa para incentivar o cambio de modelo produtivo no noso país.

Esta investigación é necesaria para a formación continua, actualización e capacidade de autocrítica de toda a comunidade universitaria, así como a posta ó día periódica dos contidos docentes.

Cremos que a solución ós problemas de acceso ó mercado laboral veñen de man do I+D+I, fomentando as prácticas nos últimos anos como parte do plan docente, mellora dos convenios con empresas e concursos públicos, incentivando así o asociacionismo e o espírito emprendedor.

 

Como conclusión solicitamos a apertura dun proceso de análise e formulación de novas propostas sendo conscientes da situación actual, pero tamén apostando por unha educación renovada e de calidade.

Facemos un chamamento á concienciación e unión de esforzos de todos os prexudicados alentándoos á coordinación das súas accións e a mobilización.

 

 

ETSA Coruña a 19 de Decembro de 2012

 






Acampada ETSAC é un movemento estudantil composto por compañeiros universitarios unidos, a participación é libre e a título individual, sen representación de organizacións estudiantís e sen inclinación política. Así mesmo, Acampada ETSAC forma parte da asamblea aberta de estudantes “UDC en Loita” comprendendo que a unión de tódolos colectivos con un propósito común é preciso e favorable.

Link: ETSA Coruña



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 2


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Acampada ETSAC" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.22 Segundos