AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 69 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Concello de Cedeira - Deporte

PHP-NukeCedeira acollerá este domingo, 24 de febreiro, a XII edición da súa Festa do Deporte. Unha cita promovida polo Concello e os clubes e entidades deportivas da localidade para recoñecer o esforzo, a adicación, méritos e outros valores dos mellores deportistas cedeireses do ano. Tras catro anos de paréntese,  retomábase a súa celebración no 2012. E, entón, máis de medio milleiro de veciños e de veciñas se daban cita para arroupar aos seus deportistas. Este ano, a Festa do Deporte dará comezo ás cinco da tarde no Auditorio Municipal. Por segundo ano consecutivo contará cun presentador de luxo, Pipo Arribe,  comunicador e compoñente de "Corre Carmela que Chove". Será el o encargado de dar paso ás proxeccións nas que se repasarán os logros colleitados por  cada un dos premiados nas diferentes categorías -remo, fútbol, karate, actividades cinexéticas, deportes adaptados, bádminton, natación, fútbol sala, atletismo e taekwondo-.

Todos eles, propostos polos seus respectivos clubes e, de entre todos, elixiráse ao Mellor Deportista Cedeirés do ano 2012. Durante a Festa, Concello e clubes recordarán as orixes desta celebración a través dunha sentida homenaxe. E, como vén sendo tónica habitual, non faltarán  deportistas da elite nacional, que participarán na entrega de premios. Sumaránse a unha longa lista na que, entre outros e en pasadas edicións, se incluíron nomes como os de Juan  Carlos Valerón, Javier Gómez Noya, Javier Castillejo ou Joan Capdevilla. Precisamente, este último, repetirá participación este ano. E, aínda que os seus compromisos co RC Español lle impedirán viaxar a Cedeira, si estará presente a través da pantalla xigante instalada no Auditorio Municipal. Na Festa tamén estará presente a mellor nadadora galega da historia, a pontevedresa Beatriz Gómez Cortés. No seu palmarés e, entre outros títulos, conta con ser Campiona do Mundo Júnior na proba de 200 estilos e o mérito de ter sido Olímpica nos recentes Xogos de Londres 2012, onde logrou clasificarse para a semifinal de 200  estilos, sendo a nadadora máis nova desa semifinal con tan só 17 anos. Con ela, participará na entrega de premios outra nadadora galega de máximo nivel, María Vilas Vidal, de 16 anos e Campiona de Europa Junior en 1500 libre, Campiona de Europa Júnior na proba de 800 libre e unha das máis firmes  promesas da natación nacional. E, a expensas de novas confirmacións, pecha o cartel de invitados José Rivera Lamigueiro (Pepín), o seu adestrador e responsable de natación no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra e Director Técnico da Federación Galega de Natación, quen foi membro  do equipo técnico español nos Xogos Olímpicos de Londres 2012, así como en Campionatos do Mundo e Campionatos de Europa. Unha cita moi emotiva e con grandes sorpresas da gran familia deportiva de Cedeira que ninguén se pode perder.

CATEGORÍAS E PREMIADOS

Remo: Equipo veterán de Iolas do Club de Remo Cedeira (Angel e Eduardo González Villarnovo, José M. Piñeiro Guergue, Damián Rodríguez Garrote e Andrés  Lozano Casal). Subcampións de España.

Fútbol: Ana Canosa Cribeiro e Marta Cheda López, do Cedeira SD. Impulsoras do fútbol feminino en Cedeira. E Alberto Rey Vilela, do RC Celta de Vigo xuvenil.  Mellor promesa da canteira de Cedeira e subcampión de España coa selección galega sub 18.

Karate: Alejandro Prieto Blanco, do Club de Karate Cedeira. Primeiro cinturón negro que sae da Escuela de Karate Cedeira.

Actividades cinexéticas: Fabián Barge Vilela, do Clube Sociedad de Caza e Pesca Cedeira-Cerdido tecor Eixil. Campión galego de caza de arceas (modalidade de caza en pluma).

Deportes adaptados: Sabela Gómez Fernández, do Clube Polideportivo Apader. Campiona galega de Fútbol-Sala, campiona galega de Baloncesto, campiona galega de salto de lonxitude.

Bádminton: Hilda Martínez López e Josefa Pérez Pérez, do Bádminton Cedeira. Subcampionas de España Veteranas na categoría C1.

Natación: Equipo de competición do Clube Natación Cedeira. Polo seu esforzo e porque grazas a eles foi posible recuperar o Club Natación Cedeira-Muebles  García.

Fútbol-Sala: Javier Arriví Loureiro, do Cidade de Narón. Pola súa traxectoria deportiva.

Atletismo: José Angel López Villar, do Egovarros de Viveiro, Lugo. Polos resultados colleitados o pasado ano.

Taekwondo: Categorías inferiores do Taekwondo Cedeira. En recoñecemento aos esforzos que realizan os máis pequenos para lograr ser os grandes  deportistas do futuro.



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Concello de Cedeira - Deporte" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.19 Segundos