 |
Menú |  |
Online |  |
Actualmente hay 5 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información |  |
|  |
 | Concello de Cedeira - Cea de Entroido para os maiores |
O Concello de Cedeira prevé reunir a un centenar de maiores da vila este
sábado na cea de Entroido que promove a propia Administración local. A
maioría deles, usuarios e usuarias do Centro Municipal da Terceira
Idade, aínda que aberta a todo o colectivo de maiores. Así, as persoas
interesadas en participar todavía poden facelo chamando ao teléfono 650
779 862. A cita dará comezo a partires das 22 horas, nun céntrico
restaurante da vila, e o prezo do menú é de 13 euros.
Ao remate, os
maiores poderán continuar coa celebración do Entroido no Parque do
Sagrado Corazón, onde o Concello programou unha gran verbena coa
actuación da orquestra D´Moda. Unha actuación que porá o broche de ouro á
xornada, xa que pola tarde, a partires das 17,30 horas, as rúas de
Cedeira acollerán o desfile de disfraces con premios para os mellores. A
cea que promove o Concello inclúese nun calendario de actividades
pensado para os maiores e que contempla excursións periódicas ou
accións como ximnasia terapéutica, de mantenemento ou talleres de
memoria. Estas últimas, no Centro Municipal da Terceira Idade.
Link. Concello de Cedeira
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados |  |
Votos del Artículo |  |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones |  |
|
Tópicos Asociados
 |
|
"Concello de Cedeira - Cea de Entroido para os maiores" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
| 
|