|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 9 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Concello de Cedeira - Servizos Sociais |
O Departamento de Servizos Sociais encárgase de tramitar toda a documentación para presentar a solicitude ante o Imserso
O Concello animou esta mañá aos maiores da vila a apuntarse no programa de Termalismo Social. Tan só teñen que acudir ao Departamento de Servizos Sociais e solicitar a súa participación na iniciativa. As traballadoras do servizo municipal encargaránse de tramitar toda a documentación necesaria para formalizar a inscripción ante o Imserso. ¿Prazo? Ata o próximo 16 de xaneiro ou o 16 de maio en función dos meses nos que se desexe solicitar a estancia. O horario de atención ao público é de 9 a 14 horas de luns a venres. Nesta liña, o Concello explica que este programa permite encher o tempo de ocio do colectivo da Terceira Idade e, por outro lado, facilitarlles un ocio saudable, que repercutirá positivamente no seu estado físico e mental. A través de Termalismo Social, os pensionistas maiores de 60 anos e os seus cónxuxes poderán disfrutar de doce ou dez días nun balneario en réxime de pensión completa. Estancia que inclúe tamén un tratamento termal adaptado ás súas necesidades. Cabe destacar que a oferta inclúe balnearios de toda España e, entre estes, un total de dezanove na Comunidade Autónoma de Galicia. É precisamente o usuario do servizo quen elixe destino nun calendario de viaxes que soe iniciarse en febreiro e finaliza en decembro.
Link: Concello de Cedeira
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Concello de Cedeira - Servizos Sociais" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|