|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 3 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Concello de Cedeira - Parroquia de Montoxo - Festas |
A parroquia de Montoxo celebra esta fin de semana as festas na honra a San Xiao
O cartel dos festexos
inclúe as actuacións das orquestras Los Españoles e Boreal o sábado e a
do grupo Los Adrianos o domingo
A parroquia cedeiresa de Montoxo celebrará este sábado e domingo a súa
festa na honra a San Xiao. Como vén sendo tradición, a fin de semana
máis próxima ao 7 de xaneiro. Dúas xornadas festivas ás que están
invitados todos os veciños e veciñas da vila.
O programa desenvolverase
no entorno da igrexa parroquial de San Xiao e arrancará este sábado ás
13,30 horas coa misa solemne. A continuación, sesión vermut amenizada
pola orquestra Los Españoles. A mesma actuará de novo pola noite,
compartindo escenario coa orquestra Boreal, que tomará o relevo.
O
domingo a xornada festiva comezará como o día anterior, coa misa solemne
ás 13,30 horas. Ao seu remate, sesión vermut co grupo Los Adrianos e
fogos de artificio.
Unha programación organizada poa comisión de festas e
os veciños coa colaboración do Concello de Cedeira.
Link: Concello de Cedeira
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 5 votos: 1
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Concello de Cedeira - Parroquia de Montoxo - Festas" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|