NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 14 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Concello de Cedeira - DOGA

PHP-NukeRESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Cedeira (expediente IN408A 2012/021).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Auténtica Generación Distribuida de Castilla y León, S.L.

Domicilio social: Plaza España, 6, San Ildefonso, 40100 Segovia.

Denominación: planta de coxeración con biomasa forestal.

Situación: parcelas 23 e 24 do parque empresarial da Trabe, Cedeira.

Principais características técnicas:




• Centro de seccionamento de manobra exterior en edificio prefabricado en punto de conexión, composto de 3 celas de liña, onde se conectará coa rede de distribución.

• Liña de alta tensión soterrada a 20 kV, cunha lonxitude de 200 m, con condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm2 Al, con orixe no citado centro de seccionamento en punto de conexión e final no centro de consumo de fábrica de pellets, unha vez entre e saía do centro de seccionamento interior da planta de coxeración.

• Planta de coxeración que se instalará nas parcelas 23 e 24 do parque empresarial da Trabe, no concello de Cedeira, para cubrir as necesidades de calor de fábrica de pellets (obxecto de proxecto independente do mesmo solicitante) que se instalará nas parcelas 21 e 22 do parque empresarial da Trabe, contiguas ás da planta de coxeración, a cal estará composta por:

– Turboxerador ORC cun xerador asíncrono de potencia nominal 1.000 kW, coas súas correspondentes instalacións auxiliares.

– Caldeira de aceite térmico de potencia térmica total de 5.800 kW, alimentada de biomasa forestal desde un silo de capacidade 250 m3, coas súas correspondentes instalacións auxiliares, así como sistema para evacuación de cinzas e sistema para tratamento de fumes.

– Sistema de refrixeración de auga de planta cunha capacidade de 5 MW térmicos.

– Centro de xeración en edificio prefabricado, composto por un centro de transformación de potencia 1.600 kVA, con relación de transformación 0,4/15 kV, así como celas de liña, de protección, de medida e transformador.

– Centro de consumo da planta de coxeración en edificio prefabricado, composto dun transformador de servizos auxiliares de potencia 400 kVA, con relación de transformación 20/0,4 kV, xunto con celas de liña, de protección, de medida e transformador; así mesmo, no mesmo edificio instalarase un centro de seccionamento de manipulación interior da planta de coxeración composto polas seguintes 4 celas de liña: xeración, consumos auxiliares, saída a punto de conexión e saída á planta de fabricación de pellets.

– Centro de consumo da planta de fabricación de pellets, composto por un centro de transformación de potencia 1.250 kVA con relación de transformación 0,4/15 kV, así como celas de liña, de protección, de medida e transformador.

– Aparellos eléctricos de protección, sinalización, mando, medida e interconexión á rede de distribución.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo de Monelos, s/n, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 2 de novembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña

Link: DOGAONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Concello de Cedeira - DOGA" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.22 Segundos