- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 14 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Concello de Cedeira - Emprego municipal

PHP-Nuke
«Que fiche todo o mundo»

«Se o pon que o poñan para todos -ironizou un funcionario-, aquí a fichar todo o mundo, tamén os que teñen postos de confianza.


A decisión do goberno do popular Leopoldo Rubido de implantar un sistema de control de horarios de entrada e saída máis estrito xerou malestar entre o persoal do Concello de Cedeira. Os traballadores lamentan que o executivo local non conte con eles á hora de expor esta medida. «Non nos importa que se controlen os horarios porque aquí a xente traballa e cumpre, non se abriu un expediente en moitos anos e cando o Goberno aprobou as 37 horas e media semanais para os empregados do sector público, aquí xa se facían esas horas», aseguran.

Si lles molesta «como se está expondo este tema», «outro pau máis», sosteñen, que se suma á conxelación e as rebaixas salariais ou a supresión da paga extra de Nadal. «Non nos dixeron nada e tivémonos que decatar pola prensa. Aquí todo o mundo cumpre coa súa xornada, sen excepción», recalcan as mesmas fontes. E están preocupados pola forma de aplicar este control: «Temos dúbidas sobre o sistema, se se fai por recoñecemento facial ou con pegada dixital, polo tema da protección de datos. A Xunta, por exemplo, puxo outro sistema para que fichen nos computadores».

O concelleiro de Atención Cidadá, Alfredo Vilela, confirmou a intención do Concello de Cedeira de reforzar o control do cumprimento dos horarios por parte do persoal. Esta iniciativa porase en marcha en breve, dixo, unha vez que se decida que fórmula resulta «máis adecuada e menos gravosa» para as arcas municipais. Defendeu esta decisión pola necesidade de «optimizar» os recursos humanos dispoñibles en tempos de crise económica. O control do absentismo, abundou, estenderase a todos os empregados, tanto os que desenvolven o seu labor na casa consistorial como os que se atopan na biblioteca ou o auditorio.

«Que fiche todo o mundo»

«Se o pon que o poñan para todos -ironizou un funcionario-, aquí a fichar todo o mundo, tamén os que teñen postos de confianza.». Este asunto abordarase na reunión prevista para o venres entre representantes do executivo e dos traballadores. Estes últimos temen que o orzamento do exercicio 2013 contemple «algunhas baixas de persoal».

Link: VONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 1


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Concello de Cedeira - Emprego municipal" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.24 Segundos