| Concello de Cedeira - DOGA |
Consellería de Economía e Industria
RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Cedeira (expediente IN407A 182/2012).
Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A. Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña. Denominación: LMTA, CTI, RBT, Fragoso. Situación: Cedeira.
Características técnicas:
Liña eléctrica de media tensión aérea, a
20 kV, cunha lonxitude de 0,685 km, coa orixe na LMT CDR-806
Vilela-Mera, tramo entre o CT Vilarnovo (expte. 51.081) e CT Hervellas
(expte. 3.266), condutor tipo LA-56/54,6 mm2, e final no CTI Fragoso
(proxectado).
Centro de transformación intemperie, cunha potencia de 100 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.
Liña
de baixa tensión aérea, cunha lonxitude de 1,240 km, con orixe no CTI
Fragoso (proxectado), condutor tipo RZ, e apoios de formigón.
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos afectados polo procedemento de expropiación forzosa figura no anexo.
Todas
aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán
examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura
territorial, sita no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente
Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da
última publicación ou notificación individual.
É de significar
que esta publicación se realiza igualmente para os efectos determinados
polo artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico
das administracións públicas e do procedemento administrativo común,
cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de
notificación ou ben cando, intentada a notificación, non se puidese
realizar, e deste xeito dirixir ao Ministerio Fiscal ás dilixencias que
se produzan sobre estes, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de
decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.
A Coruña, 9 de novembro de 2012
Susana Vázquez Romero Xefa territorial da Coruña
ANEXO Relación de propietarios, bens e dereitos afectados
Expte. 182/12. Concello: Cedeira. Provincia: A Coruña.
LMTA, CTI, RBT Fragoso.
+info : preme aquí
Link: DOGAONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 5 votos: 1
| |
Opciones | |
|