O Concello abre o castelo ao público todos os días durante os meses de verán e os fins de semana o resto do ano.
© 2009 - Diario de Ferrol
O castelo da Concepción é unha construción defensiva do século XVII,
que se localiza no municipio de Cedeira e que alberga, a día de hoxe,
unha exposición permanente, que foi visitada por 5.500 persoas ao longo
de 2008.
O Concello cedeirense, á marxe de velar primeiro pola rehabilitación da
forteleza e posteriormente por dotala de identidade propia, agora tamén
se preocupa de abrila regularmente ao público para que as persoas que o
desexen poidan achegarse á historia da vila a través aqueles restos que
falan dun pasado con historia. Algunha ten que ver con ocupacións
ilexítimas por parte de pobos invasores como os corsarios e outras
evidencian a fortaleza espiritual e combativa dun pobo que non se
dobregou nin ante o asedio ao que foi sometido por parte dos franceses,
cando o século XIX non fixera máis nada que arrincar, no ano 1809.
Varios canóns dos 15 que chegou a ter, almenas grosas e almenadas e
unha boa distribución de paneis en estancias antes utilizadas por unha
guarnición formada por máis de 30 homes, son algunhas das posibilidades
que xa souberon ver as 50 persoas que de media diaria recibe a
fortaleza nos meses de verán. Durante as outras estacións, o castelo só
se pode visitar os fins de semana. Unha persoa contratada polo Concello
serve de guía aos turistas que acceden á fortaleza a través das rúas
Mariña Española e Mariñeiro, desde o mesmo centro urbano da vila
mariñeira.
Link: DFONLine