AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 2 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Liderar o BNG e ser voceiro parlamentario

PHP-NukeA UPG ve incompatible liderar o BNG e ser voceiro parlamentario
Segundo as teses da UPG –a forza hexemónica do Bloque– Carlos Aymerich quedaría descartado para concorrer como candidato a liderar a formación frontista. A UPG confirma a Guillerme ázquez como o seu candidato na asemblea e levará a independentes nas listas baixo a denominación Alternativa pola Unidade


O partido Unión do Povo Galego (UPG) --forza hexemónica do BNG-- confirmou hoxe que o concelleiro no Concello de Pontevedra Guillerme Vázquez será o seu candidato a voceiro nacional do Bloque na próxima asemblea extraordinaria e avanzou que militantes independentes da formación frentista formarán parte das listas de delegados para o conclave. Segundo fontes da UPG, entre estes militantes independentes están "concelleiros, alcaldes e membros do Consello Nacional" que xa mostraron o seu apoio á candidatura de Guillerme Vázquez. O proceso aberto no BNG implica, por un lado, a configuración de listas de delegados, que se debaterán e aprobarán nas asembleas comarcais do sábado día 18. Para este proceso, a UPG acudirá en baixo a denominación de Alternativa pola Unidade, na que aglutinarán a independentes, e o fin último da cal é promover a candidatura de Guillerme Vázquez como voceiro nacional do Bloque. Segundo as fontes consultadas por Europa Press, aínda que esta decisión ratifique que haberá tres listas de delegados diferentes, non impide unha negociación posterior para que a candidatura para conformar o Consello Nacional –máximo órgano de decisión entre asembleas– poida negociarse e culmine en dúas listas, ao unir 'quintanistas' e UPG, por un lado; e Encontro Irmandiño, polo outro. De feito, a configuración destas listas e a súa votación nas comarcais servirán para que cada candidato a asumir a portavocía poida comprobar a forza que terá a súa candidatura na asemblea e, polo tanto, propiciar novas negociacións en torno á configuración do Consello Nacional, dos primeiros 50 membros da cal se deriva a Executiva nacionalista (o resto de integrantes elíxense nun proceso posterior ao plenario de maio).
 Estabilidade política
Ademais, a Alternativa pola Unidade asegura que nace coa vocación de "lograr a cohesión e a unidade de todos os nacionalistas" e garante que se esforzará en "buscar a estabilidade política do Bloque a través da conformación de maiorías plurais e respectuosas coas súas alternativas" e coas resolucións "democráticas adoptadas pola organización". Por iso, os integrantes desta lista de delegados expresaron a súa "plena disposición" a chegar a acordos con outras candidaturas que comparten "criterios de unidade e lealdade aos acordos democráticos adoptados polos órganos do BNG". Desta forma, a Alternativa, unha vez elixidos os delegados nas comarcais, anunciou que "buscará acordos con esas outras candidaturas na perspectiva de chegar a formular propostas o máis unitarias posibles" para a asemblea extraordinaria.

Candidato da UPG


 Guillerme Vázquez (Pontevedra, 1952) é licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela e, segundo a UPG, constitúe unha "persoa de extraordinaria valía política e persoal".Foi responsable comarcal en Pontevedra, deputado no Parlamento galego na IV Lexislatura, deputado no Congreso entre 1996 e 2004, e pertence ao goberno municipal de Pontevedra.Segundo indicou a UPG nun comunicado de prensa, a Alternativa pola Unidade entende que no actual contexto é "preciso" que a persoa que encabece a Portavocía Nacional "teña nesta, a súa única tarefa política, sen compatibilizarla con ningunha outra función institucional, nin executiva nin parlamentaria". Segundo estas teses, a UPG descartaría o actual voceiro parlamentario do Bloque, Carlos Aymerich, para concorrer como candidato a liderar a formación frentista. Non obstante, fontes consultadas achacan esta circunstancia a que o deputado nacionalista "non se quixo someter" ás directrices da UPG. Non obstante, o partido que lidera Francisco Rodríguez considera que "só desta forma, o voceiro nacional estará en condicións de dar ao BNG o impulso que o nacionalismo necesita para enfrontar con garantías de éxito este novo tempo político".

Identificación co docmento político

A Alternativa pola Unidade aproveitou para expresar a súa "plena identificación" co Docmento Político aprobado o pasado sábado polo Consello Nacional do BNG como tese para o debate asambleario. Para os integrantes que concorrerán nas listas de delegados baixo esta denominación, son puntos programáticos básicos "converter ao BNG na forza política que lidere a oposición ás políticas do Partido Popular en defensa das clases traballadoras e das pymes vinculadas á economía produtiva". Do mesmo xeito, aposta por "non fuxir de dar a batalla ideolóxica en cuestións como un Estatuto de Nación ou a normalización da lingua galega", cuestións que considera "centrais para o nacionalismo galego". Para a Alternativa, é "fundamental reforzar" a organización do Bloque no actual contexto político, polo que ve "clave" un voceiro nacional "liberado" doutras tarefas. No ámbito estatal, aposta por "opoñerse con decisión á deriva centralista do Goberno de Zapatero e ás políticas social-liberais contrarias aos intereses das maiorías sociais", aínda que non descarta a opción de chegar a acordos co Estado se "benefician" a Galicia. Ao respecto da política municipal, a Alternativa defende a necesidade de "reforzar" a posición do nacionalismo para encarar con "éxito" as eleccións de 2011.

Link: XORONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"Liderar o BNG e ser voceiro parlamentario" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.27 Segundos