NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 8 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 O Goberno de Leopoldo non ve necesario un novo Centro de Saúde

PHP-NukeO Concello de Cedeira estuda a necesidade de construír o novo centro de saúde da vila para o que o Estado consignou un investimento de 2,5 millóns de euros -financiada a partes iguais entre a administración central, canalizando fondos europeos, e a autonómica- , en base ao convenio entre a Xunta de Galicia e o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente para a execución, seguimento e avaliación das accións incluídas nos plans de zona rurais, levado a cabo o pasado 7 de maio.

"Non temos ningún proxecto de construción, nin tan sequera de que este sexa realmente necesario. O que non descartamos é que se acometan reparacións no actual", indicou onte o portavoz e primeiro tenente de alcalde do Concello, Luís Rubido quen tamén aclarou que se trata dunha formulación realizada polo anterior executivo local. Representantes do grupo de goberno de Cedeira mantiveron onte un encontro coa delegada da Xunta na provincia da Coruña, Belén do Campo, para estudar a proposta.

O proxecto de construción dun novo centro de saúde para a vila naceu no período 2007-2008 durante o mandato do socialista José Luís Vergara ante a necesidade de que o PAC (Punto de Atención Continuada) contase con novos servizos como o de rehabilitación e fisioterapia, entre outros, para os que non hai espazo nas actuais instalacións. Unha necesidade que no seu día ratificou a titular da Consellería de Sanidade, Pilar Farjas. "Precisamente foi o Sergas o que optou pola nova construción como solución máis vantaxosa economicamente fronte á modificación do actua", sinalou o exalcalde, José Luís Vergara.
O Concello puxo entón a disposición da Xunta, encargada de facer fronte á obra, dunha parcela no lugar do Beco, nas inmediacións do pavillón polideportivo que contou co beneplácito do Sergas, tras o que solicitou á administración local un estudo de detalle -a construción do mesmo xa figuraba nos orzamentos galegos de 2010-. "Primeiro expómoslles a opción de que de forma provisional trasladásense ao antigo edificio da Confraría de Pescadores pero preferiron un emprazamento definitivo, por iso é polo que buscásemos a localización do Beco", puntualizou Vergara que se mostra máis partidario -tamén o fixo no seu día- de manter a actual localización.


Emprazamento

Precisamente o cambio de localización das instalacións é un dos inconvenientes que suscita o proxecto para o actual grupo de goberno. "Haberá que preguntarlle á xente se queren que se lles traslade o centro de saúde que actualmente goza dun emprazamento moi céntrico", indicou Luís Rubido.
"Para os socialistas é un motivo de orgullo que tanto desde o local como desde o estatal se desen os pasos certos grazas aos cales a Xunta de Galicia e o Concello de Cedeira poden facer realidade este novo centro de saúde", indicou José Luís Vergara. O socialista tamén sinalou que agora toca pedirlle ao alcalde que confirme que este ano se van a iniciar as obras e que comprobe que a Xunta consigna a súa porcentaxe correspondente do financiamento -1.227.500 euros- para poder cumprir os compromisos con Cedeira.

Link: DFONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 1


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"O Goberno de Leopoldo non ve necesario un novo Centro de Saúde" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.20 Segundos