AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 17 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Inauguración Galician Audio Research Center (Garcsa)

PHP-NukeO secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria, Borja Verea, destacou esta mañá en Cedeira na inauguración da nova empresa Galician Audio Research Center (Garcsa) a aposta da Xunta pola transformación do modelo produtivo en Galicia potenciando a economía do coñecemento, baseada na investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación.


© 2012 - Xunta de Galicia

Verea salientou o esforzo dos emprendedores que impulsaron a creación desta compañía, que contou con axudas da Xunta e do Goberno central ao amparo do Plan Ferrol, Eume e Ortegal, que coordina o Igape. A posta en marcha da empresa, especializada en produtos eficientes de alto valor engadido para a fabricación de caixas acústicas e solucións de audio, supón a creación dunha ducia de postos de traballo.

Nun acto no que participaron tamén o alcalde de Cedeira, Leopoldo Rubido, e o director do Plan Ferrol, Gonzalo Trenor, así como a directora xeral de Formación e Colocación, Ana María Díaz, Borja Verea subliñou a aposta da Xunta por fortalecer a competitividade das empresas mediante a incorporación da I+D+i e a súa presenza internacional.

Neste sentido, o secretario xeral salientou que GARCSA cumpre estes requisitos, apostando por produtos de alta gama desenvolvidos con tecnoloxía propia no eido do son e combinando os coñecementos tecnolóxicos co tratamento personalizado dos seus produtos, ao tempo que se aposta polas vendas no exterior.

O secretario xeral de Economía e Industria fixo fincapé no compromiso da Xunta a prol da innovación empresarial e destacou a recente posta en marcha da Axencia Galega de Innovación ou a creación do novo fondo de capital risco i2C, dotado con 20 millóns de euros, para apoiar iniciativas empresariais neste ámbito.

Borja Verea subliñou tamén os avances na execución de fondos comunitarios destinados á innovación e lembrou que a Xunta conseguiu mobilizar investimentos de máis de 60 millóns de euros en proxectos de innovación no marco do programa Interconnecta, no que participan 106 empresas galegas.

Link: Xunta de Galicia



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 2


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Inauguración Galician Audio Research Center (Garcsa)" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.19 Segundos