|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 34 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Desastre ecolóxico na Praia da Magdalena |
Un artigo de Gelo do Moure publicado no OLLAPARO, a Revista da Sociedade Cultural " Chirlateira ".
" Unha semana despois do remate das Festas de San Isidro de Cedeira, póñome a facer este traballo de denuncia, de cómo quedaron as dunas da Praia da Magdalena,dende a caseta da Cruz Vermella ata O Chiringuito( antiguamente o Camping), despois do “Tsunami” de lixo que alí deixaron os que participaron no “Cola-Caos” durante dous días.
Para mín os máximos responsables desta desfeita vergoñenta ecolóxica, son os que estiveron nela, e despois o goberno municipal do PP, por non poñer os medios necesarios para que isto non pasara( como contenedores na zona das merendas, carteis que recordasen a importancia e a obriga da recollida de lixo, presenza da Policía Local informando deses feitos,etc,etc…)
¿Outros responsables? Poden ser as Institucións Públicas como Seprona, Consellería de Medioambiente ou Demarcación de Costas. Esta última parece ser a máxima responsable de tódalas dunas de Galiza.
A estas Institucións, como tamén á prensa , voulles mandar unha reportaxe fotográfica que acompaña a este traballo, para que sirva de denuncia e poñañ remedio a esta agresión ó Medioambiente, que se repite tódolos anos."
© 2012 Gelo do Moure - OLLAPARO
Link: Ollaparo
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 5 votos: 1
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Desastre ecolóxico na Praia da Magdalena" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|