O alcalde de Cedeira, Leopoldo Rubido, fixo entrega onte dunha placa
conmemorativa á jovencísima - ten tan só oito anos- acordeonista da vila
Beatriz Leonardo Labraña en recoñecemento dunha precoz e excelente
traxectoria que a levou a conseguir a Medalla de Ouro no Festival
Nacional de Acordeón de Mondragón -Euskadi-.
Nun pequeno acto celebrado no salón de plenos do Concello, coa presenza
da súa familia, Beatriz recibiu a homenaxe da corporación polo gran
papel realizado nun certame no que se mediu a intérpretes de toda
España, moitos deles ata catro anos maiores que ela. Era ademais a súa
primeira participación no festival vasco, ao que se presentou animada
polo seu profesor, Javier Díaz Carrasco.
© 2012 - Diario de Ferrol
Tras agradecer o recoñecemento da corporación, Beatriz indicou que non
só practica o acordeón -en cuxo aprendizaxe leva inmersa desde fai dous
anos- senón que tamén toca outros instrumentos, como o piano, a frauta
ou a acordina. Compaxina ademais estas prácticas coas clases de solfexo e
piano no Conservatorio de Ferrol, ademais de con os seus estudos
académicos habituais. A virtuosa cedeirense repetirá este ano, pero
nesta ocasión formando parte dunha orquestra infantil.
Link: DFONLine