A vila de Cedeira recibiu o pasado martes 1 de maio unha visita de
excepción, a do ministro de Asuntos Exteriores de España, José Manuel
García-Margallo. O máximo responsable das relacións internacionais
aproveitou a súa viaxe a Santiago de Compostela, con motivo dunhas
xornadas sobre economía organizadas pola Fundación alemá Konrad Adenauer -ás que tamén acudiron a vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de
Santamaría e os ministros de Economía, Luís de Guindos e o seu homólogo
alemán Wolfgang Schäuble-, para desprazarse á vila onde os seus
familiares posúen unha vivenda.
© 2012 - Diario de Ferrol
Durante a súa visita García-Margallo asistiu á consagración do novo
templo de María Mediadora, bendicido polo bispo da Diocese de Mondoñedo
Ferrol, Manuel Sánchez Monge, e que á súa vez suscitou o interese moitos
fregueses locais. Durante a súa fugaz estancia estivo acompañado polo
alcalde de Cedeira, Leopoldo Rubido, xunto ao que permaneceu sentado
durante a liturxia. De feito o alcalde abandonou durante unhas horas as
súas obrigacións para compartir o seu tempo co ministro e mostrarlle as
riquezas da vila mariñeira.
García-Margallo aproveitou o seu desprazamento para coñecer todos os
puntos de interese do municipio, que non abandonou sen gozar da súa
gastronomía e apreciar os seus valores paisaxísticos e ambientais, entre
os que destacan paraxes como San Andrés de Teixido ou a praia da
Magdalena.
Link: DFONLine