 |
Menú |  |
Online |  |
Actualmente hay 25 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información |  |
|  |
 | Concello de Cedeira - Rural |
O Concello de Cedeira procederá á instalación de dispositivos de
sujeción de colectores na zona rural. Unha medida que terá custo cero
para as arcas municipais tendo en conta que a empresa concesionaria do
servizo de limpeza será a que asuma o gasto que levará a obra. A
iniciativa dará resposta ás demandas veciñais expostas.
A administración local informa de que a instalación comezará nas
próximas semanas e de que, nunha primeira fase, situaranse unha vintena
de dispositivos. Con eles, refórzase a seguridade de cidadáns, tanto
peóns como condutores. O sistema consiste nunha barra fixa ao chan que "abraza" ó colector impedindo que este se desprace polo efecto do vento.
Por outra banda, o Concello avanzou que durante o mes de maio os
traballadores do servizo de limpeza iniciarán o baldeo mecánico de todas
as rúas polo centro urbano da vila. Utilizarán un sistema de auga a
presión para lograr un aseado óptimo dos viarios, que permitirá á
localidade mostrar a súa mellor cara con vista ao comezo da tempada
estival que é a que máis visitantes atrae a Cedeira.
Link: DFONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados |  |
Votos del Artículo |  |
Puntuación Promedio: 5 votos: 1

| |
Opciones |  |
|
Tópicos Asociados
 |
|
"Concello de Cedeira - Rural" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
| 
|