|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 68 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| O PP postrado ante as construcións ilegais |
O PP ESTÁ PREPARANDO AS CONDICIÓNS PARA FACER DEIXACIÓN DAS SÚAS RESPONSABILIDADES ANTE A CONSTRUCCIÓN ILEGAL
Na Voz de Galicia do pasado venres, 24 de xuño, e no portal de noticias do Café Bar A Marina aparecen unas manifestacións de Luis Rubido Ramonde e Alfredo Vilela Santalla sobre a situación do departamento de Urbanismo.
O primeiro foi anunciado en días pasados,
nas páxinas do rotativo mencionado máis arriba, como Concelleiro de
Festas.
Agora aparece coa credencial de concelleiro de Urbanismo. Nas
institucións nas que os comportamentos democráticos están arraigados
estes nomeamentos toman carta de natureza no Pleno da Corporación
Municipal, que se realiza a tal efecto tras as eleccións.
Aquí, en
Cedeira, enterámonos primeiro pola prensa e, tamén na prensa, aparecen
as primeiras opinións de quen se supón é xa, ademais, o flamante
Concelleiro de Urbanismo.
Rubido Ramonde (Luis) refírese ao
departamento de Urbanismo describindo o seu “deseño como Kafkiano
totalmente inoperante”.
Este Concelleiro non explica nada máis. Quédase
nos descalificativos. Para atopar algún tipo de explicación hai que ler
máis adiante as afirmacións do Concelleiro Alfredo Vilela Santalla de
“Atención á Cidadanía”, responsabilidade que igualmente carece do
refrendo plenario.
Este promotor inmobiliario xa se debuxa coma o
auténtico responsable, na sombra, do urbanismo de Cedeira, porque este
sí enumera as súas preocupacións.
Fala o Sr. Vilela Santalla de que os
xuicios contencioso-admisitrativos “afogan” ao Concello e xa toma parte a
favor de quen litiga contra o Concello, xustificando tales contenciosos
na parálise dos servicios. Para o señor Vilela a responsabilidade non
se sitúa nas ilicitudes dos seus colegas inmobiliarios.
Está preparando
as condicións para que o Concello de Cedeira se retire e desista da
defensa dos seus xustos intereses. Está preparando a argumentación para
que o municipio quede por fin postrado ante aqueles especuladores que
nada respectan.
Alude tamén D. Alfredo Vilela Santalla
aos expedientes de reposición da legalidade urbanístatica.
Non nos
extraña que estea realmente preocupado, toda vez que a súa derradeira
intervención atópase na mesa da Axencia de Protección da Legalidade
Urbanística.
Unha construcción realizada no lugar do Baturro, en solo
rústico de especial protección agropecuaria, ao rente do río que dá de
beber a Cedeira, polo tanto igualmente afectado pola lei de augas e
finalmente ao lado da estrada autonómica AC-566.
Un conxunto de lindezas
que se adereza cunha desobediencia do decreto de paralización da
Alcaldía, cuestión pola que tamén a fiscalía deberá resolver.
Con razón está preocupado este magnífico
empresario, pola sorte dalgúns expedientes de reposición da legalidade
urbanística que, recordamos, se incóan a instancias de funcionarios
independentes contra os que se pode alegar e defender.
Polo menos así
era antes, cando a lei non era un inimig, senón un instrumento de
igualdade.
Rubido e Vilela prefieren firmar licencias sen contar cos
informes dos funcionarios ou contra os informes dos funcionarios, como
sucedía no mandato que rematou co goberno de progreso presidido polo
PSdeG-PSOE. Así todo irá máis rápido, claro.
JOSÉ LUIS VERGARA REY, Secretario Xeral da Agrupación Socialista de Cedeira
Link: AS de Cedeira
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 5 votos: 1
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"O PP postrado ante as construcións ilegais" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|