- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 30 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 A MOCIÓN QUE O ALCALDE, NON LLE DEIXOU PRESENTAR AOS SOCIALISTAS

PHP-Nuke
GOLPE MORTAL AOS EMPRENDEDORES

O 18 de outubro do 2011 a Alcaldía renuncia á subvención concedida polo Ministerio de Industria do Goberno de España para a realización do proxecto “Centro Municipal de Empresas”, o que, de maneira coloquial, denominabamos niño ou viveiro de empresas.

O goberno que tivemos o honor de presidir impulsa este proxecto no ano 2009, consciente de que o Concello debe apoiar de forma proactiva a consolidación dun tecido empresarial sólido no noso municipio.

Nace á sombra do Plan Ferrol que pretende revitalizar a economía das comarcas do Eume, Ferrol e Ortegal.

O Plan Ferrol está detrás das axudas ás empresas que están a instalarse no Parque Empresarial de Cedeira. Coordina fondos europeos, estatais, e galegos, para por a disposición de iniciativas empresariais, finanzamento sen aval a interés cero con longos prazos de carencia e amortización, cando non a fondo perdido, como é o caso da subvención á que se acaba de renunciar.

Sentímonos na obriga de impulsar o viveiro de empresas de Cedeira, como no seu dia se fixo en As Pontes, porque:

§  Poría a disposición dos emprendedores cedeireses estudios, oficinas, ou talleres con alquileres a baixo custo, toda vez que se aproveitarían as ventaxas dos sevicios comúns, limpeza, subministros, etc.

§  Sería un complemento útil para as empresas instaladas no Parque Empresarial da Trabe.

§  Axudaría a que os nosos emprendedores se quedasen no seu pobo. Sería un instrumento para a adquisición de experiencia que lle permitiría á mocidade afrontar as duras esixencias do mundo empresarial. Os principios son sempre os máis difíciles.

§  Apoiaría á pequena e mediana empresa, xeradora do maior número de postos de traballo do noso pais. Trátase dun mecanismo de autoemprego que suavizaría a dura situación sociolaboral do noso Concello.

§  Sería unha saída para a xuventude que sae cunha extraordinaria formación dos nosos centros educativos.

A mocidade formada nas ramas profesionais do IES PUNTA CANDIEIRA é moi apreciada polo empresariado doutros polígonos indutriais. Aspirabamos a que moitos deles exercesen as súas profesións en Cedeira.

Na sesión de 26 de outubro de 2011, da Xunta de Goberno Local, no seu punto 6.3  RATIFICARON A RENUNCIA ÁS AXUDAS DE REINDUSTRIALIZACIÓN acordado polo Alcalde “Debido a la imposibilidad de hacer frente a la aportación municipal” que ascende a 60.250 €.

Desde o Grupo Socialista propoñemos a aprobación dunha moción de reprobación hacia esta resolución tomada polo actual Alcalde e pola súa Xunta de Goberno porque, fronte ás bondades do Viveiro de Empresas, resumidas máis arriba:

1.      Non dí verdade o Alcalde e con elo a súa Xunta de Goberno cando fala da “imposiblidade de facer frente á aportación municipal”. Basta con mirar o frívolo destino, neste momento de crise e paro, ao que adicarán os fondos que nos enviará a Deputación Provincial.

2.      A renuncia obedece, unha vez máis, a un espíritu sectario que vai contra os intereses da Institución e de toda Cedeira, porque, igual que fixo eliminando a cor do Palacete, prefiere destruir e despilfarrar os cartos dos contribuíntes, a que permanezan e cobren vida os proxectos que non lles pertencen, por fermosos e importantes que estes sexan.

De igual maneira ínstase ao Goberno Municipal de Cedeira a poñer cantos medios estean ao seu alcance para facer realidade este proxecto tan importante para o futuro dos nosos emprendedores

En Cedeira, a 23 de xaneiro de 2012
JOSÉ LUIS VERGARA REY
PORTAVOZ SOCIALISTA


Link: A.S.C.



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 1


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"A MOCIÓN QUE O ALCALDE, NON LLE DEIXOU PRESENTAR AOS SOCIALISTAS" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.22 Segundos