 |
Menú |  |
Online |  |
Actualmente hay 25 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información |  |
|  |
 | Concello de Cedeira - + + + + + |
Dar unidade ás fachadas das vivendas situadas en San Andrés de Teixido é
o obxectivo dun proxecto que prevé levar a cabo o Concello de Cedeira. A
zona coñecida polo seu santuario e os seus impresionantes cantiis
descoidou durante moitos anos a arquitectura e o goberno local quere
eliminar o «feísmo» das casas, que empobrece a zona, e converter o pobo
nun exemplo de arquitectura tradicional galega.
O alcalde da vila, Leopoldo Rubido, presentará o proxecto a próxima
semana á Dirección Xeral de Turismo durante unha visita prevista á zona
do subdirector da entidade. Segundo indican fontes municipais, a
iniciativa suporía un investimento de 300.000 euros e consistiría en
rehabilitar as fachadas de vivendas e bares con pedra ao estilo da
ermida para dar unidade estética a toda a zona e eliminar os elementos
discordantes, como os plásticos ou uralitas dalgunhas vivendas.
Link: VONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados |  |
Votos del Artículo |  |
Puntuación Promedio: 5 votos: 2

| |
Opciones |  |
|
Tópicos Asociados
 |
|
"Concello de Cedeira - + + + + +" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
| 
|