|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 40 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Agrupación de Esquerda Unida de Cedeira |
A Agrupación de Esquerda Unida de Cedeira reclama a posta en marcha do
que será o primeiro centro xeriátrico da localidade. Nun comunicado, a
formación considerou "inxustificable a falta de resposta e mutismo por
parte dá administración local ante a viabilidade e posta en marcha do
proxecto".
Segundo recorda EU, este proxecto xa se presentou a finais de 2010 e,
logo de ser desestimado nun principio e paralizado por mor dun informe
técnico municipal, actualmente atópase nunha situación "de incerteza e
ambigüidade legal urbanística, e ademais, agravada pola falta de
respostas e solucións dende o Concello".
A agrupación indica que os problemas para obter a licenza de apertura
están creando malestar entre os promotores do centro, que ven "como se
eternizan os prazos e non se ven solucións inmediatas ou en tempo
razoable". O proxecto, recordan, suporía crear entre 25 e 30 postos de
traballo directos e case outros tantos indirectos. Un emprego a ter en
conta dada a alta taxa de paro, sobre todo feminino, existente na
localidade e na comarca, subliñan.
Link: DFONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 5 votos: 2
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Agrupación de Esquerda Unida de Cedeira" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|