AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 76 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 A CARA DURA DE RUBIDO

PHP-NukeXa nos extrañaba que o PP de Cedeira non seguise as pautas dos seus compañeiros no resto do Estado introducindo sospeitas sobre o estado de contas que deixou o noso Goberno. Pero ningún cedeirés de ben se  deixará engañar polas mentiras que Leopoldo Rubido está a espallar co fin de esconder os seus despilfarros e incapacidades.

Os nosos foron catro anos de rigor presupostario, presidido pola máis estricta austeridade a pesar das innumerables obras levadas a cabo. O aforro para Cedeira comezou, como non podía ser doutra meneira, pola renuncia do Alcalde ao salario do Concello para retornar á docencia, así como ás indemnizacións por asistencia a plenos e comisións. Desta forma, aparte do que supuxo a suba do nivel de vida, só en salarios, Rubido custoulle 26.370,45 € máis a Cedeira do que lle custou Vergara.

Leopoldo Rubido deixounos una herdanza 2.500.000 €, que rebaixamos a 1.500.000, un 40%. Ademais había 600.000 euros en facturas impagadas. Non só a Fenosa, senón a todo tipo pequeñas e medianas empresas locais e comarcais. Chegamos a pagar facturas do ano 2002. E o máis grave é que todo elo procedía da época das vacas gordas, do ladrillo, ou do 50% da madeira da Capelada. Non só había deudas por todos lados sinón que tamén se carecía dun plan de saneamento que nós tivemos que impulsar desde os primeiros momentos.

Agora Rubido está preocupado polo que lle debe a Gas Natural, a antigua Fenosa, como se el mesmo non fose parte do problema. El mesmo non pagou nos derradeiros meses. Pois que lle pague, porque deixamos limpo o 2010 e presupostados os cartos para poñerse ao día se quere. Cando nós chegamos debíaselle a Fenosa prácticamente un ano e non era esta a deuda que máis nos preocupaba. Deberlle a Fenosa oito, dez ou doce meses é o máis normal entre os Concellos.

Finalmente, mezclando churras con merinas, e sen especificar absolutamente nada, censuran a inversión realizada no aforro enerxético da casa consistorial. Indicar que elo foi aprobado pola Xunta de Galicia que foi quen aportou a subvención e o proxecto foi supervisado polas enxeñerías correspondentes.

Finalmente, transmitirlle a toda a opinión cedeiresa que no último pleno o PP non tivo máis remedio que levar, para a súa aprobación, a Conta Xeral do ano 2010. Tiveron que aprobar, para o seu disgusto, unha xestión presidida polo rigor e a austeridade que se saldou cun potente remanente de tesourería, despois de pagar 120.000 € do pufo que Leopodo Rubido deixou no Polideportivo desde o ano 1987 por sentencia xudicial firme. Mentras tanto nada se sabe da elaboración dos presupostos do PP para o próximo ano.

Sabemos que esto o que pretende é tender unha cortina de fume para que non trascenda o escándalo do Palacete, a ocultación de facturas, a negación da palabra ao Grupo Socialista nos Plenos municipais ou as prácticas ilegais do seu 1º Tenente Alcalde que, en calquer pais democrático, incapacitaríaos a todos para seguir exercendo ningún cargo de representatividade. Esto non fixo máis que empezar.

JOSÉ LUIS VERGARA REY,
Portavoz do Grupo Municipal Socialista.
En Cedeira a 21 de outubro do 2011

Link: Agrupación Socialista de Cedeira



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 2


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"A CARA DURA DE RUBIDO" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.33 Segundos