NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 30 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Débedas da PATRONA 2010

PHP-NukeA pesar de que o Concello de Cedeira xa iniciou os trámites para sacar a concurso a organización das festas da Patrona do 2011, a localidade aínda arrastra as débedas e os problemas das últimas celebracións. A comisión Santa María Do Mar, que organizou a celebración do ano pasado, debe preto de 50.000 euros a grupos, orquestras e persoal operario que participou nos últimos festexos patronais. Entre algunhas das bandas afectadas están grupos como Burning ou Som Do Galpom.

O concelleiro de festas, Xermán Tobío, recorda que lles outorgaron unha axuda de ao redor de sesenta mil euros e asegura que se o Concello gastase o diñeiro dos veciños nesas débedas estaría «incorrendo en prevaricación».


Enrique Patricio, mánager de Burning, asegura que aos seus representados aínda lle deben 3.000 euros da actuación do pasado 13 de agosto. Segundo Patricio, acordou coa comisión que lles pagarían o caché de 8.500 euros en efectivo. «O mesmo día do concerto dixéronnos que non o tiñan, así que nos pagaron parte do soldo cun cheque asinado polo responsable da comisión», explica Patricio. A sorpresa veu cando o mánager intentou cobrar e o banco denegoulle o cheque por falta de fondos. «A partir de aí foron todo escusas», lamenta.

Unha situación parecida viviuna o grupo Som Do Galpom, cuxo mánager asegura que levará á comisión a xuízo. Á banda reggae débenlle máis de 2.000 euros.

Pola súa banda, o avogado que representa á comisión, Manel Seco, confirma que existen estas débedas ás que o colectivo organizador non pode facer fronte. «Estamos preparando unha reclamación contra o Concello para presentar no xulgado», adianta Seco.

E é que desde a comisión aseguran que a administración local non cumpriu cos compromisos acordados e a subvención outorgada non chega para facer fronte aos gastos. «Temos documentos, pagarés e recibos que nos pediron no Concello, que demostran que no seu día se comprometeron a pagar os gastos», explica o avogado.

O concelleiro de festas, Germán Tobío, recorda que lles outorgaron unha axuda de ao redor de sesenta mil euros e asegura que se o Concello gastase o diñeiro dos veciños nesas débedas estaría «incorrendo en prevaricación».

Link: VONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Débedas da PATRONA 2010" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2013 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.11 Segundos