Despois de que os responsables da empresa Garcsa e Reflexións Arts
visitasen as novas instalacións en Cedeira, celebrouse unha reunión na
que se asinou un acordo polo que a firma fabricará na futura nave novos
sistemas de son para cines comerciais deseñados por Newell coa
homologación de Dolby Surround.
Ademais, na nave cedeirense, que se converterá na sede da empresa
galega, tamén se fabricarán os novos monitores deseñados por Newell para
estudos de gravación. A parte, Garcsa seguirá fabricando os equipos de
gravación e de posproducción para cine.
Con este acordo a firma de son galega convértese nunha das máis
importantes dentro do sector e é que os efectos sonoros e a
posproducción da maioría de películas nacionais e europeas realízanse
con sistemas galegos.
© 2011 - La Voz de Galicia
Visita a San Andrés
Aproveitando a reunión, os responsables e técnicos da firma reuníronse
co alcalde da localidade para visitar a vila. Philip Newell, cofundador
da Virgin e produtor de artistas como Michael Oldfield ou Queen, visitou
a ermida de San Andrés de Teixido e gozou da gastronomía da comarca.
A partir de agora, asegura que estará máis presente na vila de Cedeira para supervisar en persoa a evolución dos laboratorios.
Link: VONLine