O Concello de Cedeira debate no pleno de hoxe os orzamentos da
localidade para o 2011. O documento estima unha baixada nos ingresos de
máis do seis por cento, provocada polo descenso nas axudas estatais. A
cifra ascende a 4.775.791 millóns de euros.
A partida máis importante destínase aos servizos públicos básicos, con
máis de 1,3 millóns de euros, seguida do investimento que recibirá o
departamento de servizos sociais, con máis de 500.000 euros.
Destaca o aumento do orzamento en temas de educación, onde se duplica o
investimento, e a enorme subida na partida de medio rural.
Baixan as partidas de servizos públicos, onde se enmarcan servizos como
os de urbanismo, protección civil ou saneamento da auga, e a de
promoción e difusión de cultura.
Link: VONLine