 |
Menú |  |
Online |  |
Actualmente hay 8 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información |  |
|  |
 | Transparencia na política |
O deputado socialista José Manuel Lage, portavoz da área institucional,
converteuse onte no primeiro membro do Parlamento de Galicia en exhibir
publicamente a súa nómina para reivindicar que o Goberno galego regule o
deber de toda a clase política de transparentar as súas rendas, bens e
patrimonio para que poidan ser fiscalizados mellor polos cidadáns, algo
que xa ocorre en comunidades como Andalucía, Estremadura, Castela-A
Mancha ou no Goberno central.
A decisión de Lage, que na nómina publicada na súa blog persoal declara
cobrar un salario bruto mensual de 5.119 euros (líquido a percibir:
4.678, 01 euros), empezou a avivar o debate ao redor da transparencia
dos políticos nos círculos parlamentarios, suscitando coa súa actitude
non poucas críticas entre os compañeiros de hemiciclo. Tamén a Xunta, do
mesmo xeito que todas as comunidades gobernadas polo PP, recela dunha
norma que podería pór nunha situación incómoda a moitos dos seus
dirixentes, como lle ocorreu a De Cospedal, polo que ven suficiente a
transparencia que sae nos Orzamentos.
Link: VONLine - Blog J.M.L.
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados |  |
Votos del Artículo |  |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones |  |
|
Tópicos Asociados
 |
|
"Transparencia na política" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
| 
|