 |
Menú |  |
Online |  |
Actualmente hay 53 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información |  |
|  |
 | AC-566 PERIGO !!!! |
O Concello de Cedeira prepárase para retomar as protestas ante a Xunta
de Galicia polo tema da estrada que une Ferrol coa vila mariñeira. Unha
vez terminadas as festas do Nadal, o goberno local iniciará a campaña
informativa e de recollida de firmas na localidade, tal e como anunciara
antes do parón vacacional.
O primeiro edil do municipio, Jose Luís Vergara Rey, recordou que nos
próximos días comezarán co proceso. «Estamos terminando de redactar o
dossier informativo que imos ir entregando casa por casa», asegurou o
rexedor. O documento informativo que recolle un breve resumo do proxecto
básico que o Concello expuxera xa no ano 2008, como actuación de
mellora na capacidade e seguridade da AC-566. O texto tamén inclúe unha
explicación detallada dos acontecementos que se foron sucedendo desde
entón, e as propostas que fixo o goberno local.
Será o propio alcalde un dos encargados de percorrer as parroquias
cedeirenses para implicar no proceso a todos os veciños do municipio.
«Iremos casa por casa explicando a cada cedeirense interesado no proceso
que medidas queremos que se tomen para garantir a seguridade dos
condutores», explica o rexedor.
Unha vez que teñan todas as firmas no seu poder, entregaranas no
Parlamento de Galicia para pedirlle á Xunta que, se «non escoita ao
Concello, que polo menos atenda as peticións dos cedeirenses». «Sabemos
que as firmas non teñen un valor xurídico, pero é un xeito de actuar e
implicar aos principais afectados, os usuarios do viario», detalla
Vergara.
Visita do parlamentario
O seguinte paso dentro da particular loita que mantén o municipio contra
a Xunta será o inicio dun proceso parlamentario para trasladar ao
órgano autonómico as peticións. Vergara Rey adiantou onte que o venres
21 deste mes o portavoz socialista de Infraestruturas no parlamento de
Galicia, Pablo López Villar, visitará o municipio para coñecer o estado
da estrada de primeira man.
O parlamentario reunirase cos impulsores da protesta para remitirlle as
súas demandas ao conselleiro de infraestruturas, Miguel Hernández. «Non
pedimos que se realice a obra inmediatamente, somos conscientes do
momento de crise económica no que estamos, pero queremos que se nos dean
garantías a longo prazo», explica Vergara.
O proxecto que manexan as entidades locais para garantir a seguridade na
AC-566 pasa por catro grandes actuacións de mellora, que segundo o
rexedor, «poderíanse levar a cabo en catro anos», detalla o rexedor.
O primeiro tramo comprende melloras no tramo que une a zona de Freixeiro
coa entrada á urbe de Valdoviño, e despois construír a variante que
circunvale a vila. A actuación máis importante e urxente consiste en
suavizar as curvas e introducir carris para o tráfico lento no viario,
ata a zona de Esteiro. E para rematar, o proxecto contempla a necesidade
de construír outra variante en Cedeira que dea acceso á zona
empresarial.
Link: VONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados |  |
Votos del Artículo |  |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones |  |
|
Tópicos Asociados
 |
|
"AC-566 PERIGO !!!!" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
| 
|