![](themes/DeepBlue/images/pixel.gif) |
Menú | ![](themes/DeepBlue/images/pixel.gif) |
Online | ![](themes/DeepBlue/images/pixel.gif) |
Actualmente hay 7 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | ![](themes/DeepBlue/images/pixel.gif) |
| ![](themes/DeepBlue/images/pixel.gif) |
![](themes/DeepBlue/images/dot.gif) | Nova actuación da Agrupación de Protección Civil |
Os veciños da rúa Regueiro, en Cedeira, non pegaron ollo o sábado pola
noite. A iso das tres da madrugada espertoulles un balbordo rueiro.
Podería ser o balbordo propio dos clientes dunha discoteca próxima, pero
non. Ao asomarse ás fiestras viron uns cables de media tensión
chispeantes golpeando contra o asfalto e un pequeno incendio na fachada
dunha vivenda. ¿Que ocorreu? Fontes de Protección Civil informaron de que
todo empezou nun cadro eléctrico situado no exterior dun edificio. Por
causas que se descoñecen, comezou a arder. O lume propagouse polos
cables que subían pola fachada e chegaban ata o tellado. Ao mesmo tempo,
un dos de maiores dimensións soltouse, fixo contacto co chan e empezou a
lanzar faíscas e a provocar estalidos. Ademais de cortarse a luz en
varios metros á redonda, desatou a preocupación dos veciños por se
pasaba algo máis. Avisados os voluntarios de Protección Civil e Fenosa,
apareceron moito antes os primeiros.
Os profesionais baleiraron o
contido de tres extintores sobre as faíscas, pero non deu resultado
algún. Con auga nin sequera probaron pois resultaría máis inútil aínda.
Entón intentaron con area proveniente dunha obra próxima. E acertaron.
Tras verter sobre o cable chispeante uns sesenta quilos de area seca,
Protección Civil logrou conter a reacción eléctrica unha hora logo de
empezar a intentalo. Cando chegaron os de Fenosa, unha hora despois de
que todo empezase, non había incendio, só algunhas rúas sen luz. O
servizo quedou restablecido.
Link: VONLIne
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | ![](themes/DeepBlue/images/pixel.gif) |
Votos del Artículo | ![](themes/DeepBlue/images/pixel.gif) |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | ![](themes/DeepBlue/images/pixel.gif) |
|
Tópicos Asociados
![PHP-Nuke PHP-Nuke](images/topics//phpnuke.gif) |
|
"Nova actuación da Agrupación de Protección Civil" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
| ![](themes/DeepBlue/images/pixel.gif)
|