 |
Menú |  |
Online |  |
Actualmente hay 5 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información |  |
|  |
 | Acto - Concello de Cedeira |
Máis dun centenar de empresas de Cedeira participarán mañá nun encontro
organizado polo Concello para establecer lazos comerciais entre as
distintas sociedades fincadas na vila mariñeira. Así o confirmou o
rexedor do municipio, Jose Luís Vergara Rey, que espera que o encontro
sirva para fomentar a futura colaboración entre entidades.
No acto tamén participarán as empresas de fóra da comarca que se
instalarán proximamente no polígono industrial da Trabe. De momento,
está previsto que se sitúen na localidade unha empresa dedicada á
fabricación de material médico e cirúrxico, outra dedicada á xeración de
enerxía a través da biomasa, unha planta para o cultivo e a
comercialización de algas, unha fábrica de altofalantes e unha empresa
de aeroxeradores de eixo vertical. «Queremos mostrarlles os recursos
locais dos que dispón e que vexan todo o que lles podemos ofrecer na
vila», explica o primeiro edil.
En principio desde o Concello prevén que participen no acto un centenar
de empresarios locais que cobren todos os sectores produtivos. «Virán,
entre outros, responsables de locais hostaleiros e restaurantes,
construtores, carpinteiros, electricistas e demais pequenas empresas
locais», asegura Vergara Rey.
Ao acto poderán asistir calquera local da comarca que queira participar
na xornada. «Habemos invitados a uns poucos, pero a entrada está aberta
para todo aquel que queira participar», confirma o primeiro edil. E o
encontro non está soamente dirixido a empresarios, senón que calquera
veciño interesado poderá presenciar a actividade.
Link: VONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados |  |
Votos del Artículo |  |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones |  |
|
Tópicos Asociados
 |
|
"Acto - Concello de Cedeira" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
| 
|