|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 57 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Danos Colaterais - Por Diego R. Piñón |
Un artigo de Diego Rodriguez Piñón publicado no xornal Diario de Ferrol.
" Cando en decembro de 2009, o actual goberno da Xunta de Galicia, aproba a
aplicación da lei de contratos do sector público ós centros que atenden
a persoas con discapacidades, é plenamente consciente que na decisión
priman máis os factores económicos que os sociais. Coñece de antemán os
perxuicios que provocará a xestión privada das instalacións: reducción
de persoal, incremento da ratio de usuarios por coidador, e a pérdida de
calidade na
atención prestada. Sabe tamén de sobra que afectará moi directamente ás
familias, pois prevé, recomenda, aconsella e permite o copago das
prazas. O custe destas pode chegar a esixir ata o 75% da pensión dos
usuarios de residencia e ata o 40% nos centros ocupacionais. Esta visión
a priori de empeoramento do escenario social non frena a proposta. Na
actualidade en Ferrol algunhas daquelas previsións xa son reais. Outras
consecuencias moi graves e quizáis non advertidas poden estallar. O
copago alarma a moitas familias, sobre todo ás máis humildes. As
pensións dos seus fillos que a legalidade determina como destino
finalista para cubrir as súas necesidades, na realidade son vitais,
imprescindibles para a economía familiar. Ante esta presión á que se
verán sometidas, existe no colectivo unha gran preocupación sobre un
efecto de retirada de usuarios dos centros, temor a invertir
negativamente o proceso de promoción social das persoas con
discapacidades. Mentras tanto os responsables políticos que plantexaron
esta batalla desigual observan e aceptan os graves danos sociais
colaterais en pro da economía."
Link: DFONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
"Danos Colaterais - Por Diego R. Piñón" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|