|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 58 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Concello de Cedeira - Albergues Rías Altas SL |
O alcalde de Cedeira, José Luís Vergara Rey, proporá no próximo pleno do
Concello modificar o plan urbanístico do municipio e recalificar uns
terreos á entrada da urbe, onde unha empresa da localidade quere
instalar un hipermercado. «Queremos realizar o proceso con absoluta
transparencia, e que se beneficie diso todos os veciños», asegura o
primeiro edil.
A idea parte de varios empresarios que conforman Albergues Rías Altas
S.L., unha empresa que, segundo o rexedor, está interesada en instalar
un mercado na entrada da urbe mariñeira. A entidade xa dispón duns
terreos de preto de 18 mil metros cadrados fronte á gasolineira de
Cedeira, que tamén é da súa propiedade. «Expuxéronnos un proxecto que
tamén prevé adaptar unha zona de aparcadoiro xunto ás instalacións»,
explica o alcalde.
Vergara asegura que será moi beneficioso para desconxestionar parte do
tráfico no centro urbano. «Os supermercados en Cedeira están dentro da
vila, o que dificulta moito a circulación e o aparcadoiro dos vehículos.
Sempre hai coches en dobre fila de familias facendo a compra», afirma o
alcalde. Estes problemas viarios dificultan o tránsito dos veciños pola
zona.
Pero para que a empresa poida instalar no terreo a actividade comercial,
o Concello deberá modificar o plan urbanístico municipal do ano 1995.
«Agora mesmo eses terreos non teñen permiso para uso comercial, están
cualificados de carácter residencial de baixa densidade», explica
Vergara.
O alcalde exporá a cuestión no próximo pleno extraordinario do Concello,
que se convocará a mediados deste mes para debater os orzamentos
municipais. «Estou seguro de que será unha proposta que sairá aprobada
por unanimidade», asegura Vergara.
Vivendas sociais
Se o proxecto consegue seguir adiante, a empresa cederá uns terreos da
súa propiedade no centro da vila para o uso e explotación por parte do
goberno local. En total, a superficie ascendería a setecentos metros
cadrados e a parcela está situada na zona antiga da urbe.
Desde o consistorio adiantan que planean utilizar o terreo para a
construción de vivendas de uso social. «O Concello non dispón de
terreos, e non temos a capacidade para compralos. A zona que nos cedería
a empresa xa está nomeada como chan urbano, e poderiamos empezar co
proxecto das vivendas sociais xa o próximo ano», comenta Vergara. O
primeiro edil asegura que hai moitas empresas da construción que
estarían interesadas en colaborar co Concello para as vivendas.
Link: VONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Concello de Cedeira - Albergues Rías Altas SL" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|