|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 16 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Decreto para establecer quen pode dar cursos |
A Fundación Galega de Formación para o Traballo (FGFT), que depende da Xunta
e da que forman parte os axentes sociais, organiza ata mañá unhas
xornadas sobre formación en Santiago. Onte, os sindicatos CC OO, UGT e
CIG e a patronal inauguraron o encontro cos seus relatorios. A CIG
incidiu nun borrador de Decreto que a Xunta
prepara co fin de, entre outras cousas, rexistrar os centros que
poderán impartir cursos, un paso adiante para establecer requisitos,
pero con matices.
O borrador, co que os axentes sociais están de acordo para poder establecer parámetros de calidade, ten para a CIG dous problemas. O primeiro, que “se propón que entre en vigor dentro de dous anos”, co que “a actual política de reparto de subvencións seguirá vixente e non se aplicará de inmediato”, din. Por outra banda, Traballo introduce unha excepción “perigosa, que é que os centros teñan que cumprir eses criterios pero non para cursos de duración inferior a vinte horas”.
Este sindicato espera ver publicado o relatorio do seu secretario confederal Anxo García Torres no libro que editará a Xunta sobre estas xornadas, despois de que ameazaran con censuralo por ter “un contido político que roza o admisible”. A CIG criticou tamén as decisións do Executivo estatal, así como o encaixe “das empresas privadas”, que “fan negocio” no que debera ser “un sistema público” de formación.
Pola súa banda, CC OO e UGT, os dous sindicatos que asinaron o acordo do diálogo social coa Xunta, centraron as súas intervencións nas carencias da reforma laboral de Zapatero e nos cursos de formación para empregados, que deben estar incluídos, cren, na propio convenio coa empresa. “Debemos desenvolver e mellorar a vinculación entre os convenios colectivos e a formación para o emprego”, incidiu CC OO, e “detectar as necesidades de formación” en cada zona. Lembrou que os traballadores destinan un 0,7% da súa cotización a esas políticas. UGT coincidiu nesta liña e incidiu no feito de que os traballadores que queren formarse “non teñen máis remedio que facelo fóra do horario laboral e ir a centros específicos”.
Desde a Confederación de Empresarios de Galicia tamén amosaron a súa preocupación polos “problemas de cualificación” dos traballadores e o “escaso encaixe do alto número de licenciados”. Suscripción a papel
Link: XORONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Decreto para establecer quen pode dar cursos" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|