|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 70 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Punta Candieira - ciclos formativos de FP |
O IES Punta Candieira de Cedeira xa ten aberto o prazo de matriculación
para toda a súa oferta educativa. No caso dos Programas de Cualificación
Profesional Inicial (PCPI), o prazo de preinscrición para as
modalidades A e C xa terminou. Na primeira, de Instalacións Electrónicas
e de Comunicacións, os alumnos acoden ao centro os cinco días das
semana e é a partir de maio cando comezan a facer prácticas nunha
empresa.
No segundo caso, os estudantes asisten a clases dous días e o resto da
formación recíbena nalgunha firma. Neste tipo de formación os alumnos
poden escoller entre ao redor de quince titulacións.
Ademais da modalidade A, outra das novidades que ofrece o centro para o curso escolar que agora comeza é que haberá dous bacharelatos de adultos -Ciencias e Humanidades- aínda que ambos na modalidade de semipresencial. Neste caso, o prazo de matriculación concluirá o próximo 15 de setembro.
Ciclos formativos
O prazo de preinscrición para os ciclos formativos de FP conclúe o 13 de setembro e será o día 21 cando se publique a lista de admitidos. Neste caso tamén hai novidades respecto ao ano anterior, pois mentres o curso pasado só había quenda diúrna, a partir de agora haberá tamén quenda de adultos.
Os alumnos que queiran matricularse nos cursos de adaptación ás linguas estranxeiras inglés ou francés poderán facelo ata o próximo 30 de setembro.
En canto á Escola Oficial de Idiomas, o prazo de preinscrición conclúe o 15 de setembro, «debendo formalizar a matrícula antes do día 22 de setembro», apuntan desde o centro. Este ano, o equipo directivo do centro estará formado polos profesores Teresa Somoza Rodríguez, Monserrat Durán Gómez, Monserrat Montero Ortega, Fernando López González e Carlos Breixo Rodríguez.
Link: VONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Punta Candieira - ciclos formativos de FP" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|