NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 52 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Mar solicitará un novo proceso de regularización

PHP-NukeA Consellería do Mar cursará, nos próximos días, unha solicitude formal para que se habilite un novo proceso de regularización das embarcacións unha vez rematado o actual, o próximo 24 de outubro. Así o anunciou hoxe o director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, Juan Maneiro, que defendeu, unha vez máis, “o compromiso firme” da Xunta de que ningunha das embarcacións non regularizables sexa dada de baixa de oficio no Censo da Frota Pesqueira Operativa “sobre todo ante a conxuntura económica e social que hai na actualidade”. Juan Maneiro transmitiu unha mensaxe de tranquilidade aos mariñeiros e mariscadores implicados neste proceso.

O obxectivo da Consellería do Mar é que neste novo proceso poidan participar todas aquelas embarcacións que non completen o proceso de regularización ao abeiro da Lei 9/2007, que está a piques de rematar. Mar pretende que se teña en conta todo o procedemento de tramitación anterior “de xeito que sexa o menos gravoso posible para os interesados”. Ao respecto lembrou que a propia lei habilita ao Goberno Central para regular novas actuacións de regularización.Maneiro compareceu a petición propia na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo para dar conta do estado de tramitación deste proceso en Galicia e explicou que se atopa na actualidade na fase de presentación de recursos ás resolucións emitidas. Así, actualmente, os afectados poden presentar os correspondentes recursos ante a Consellería do Mar, que é o órgano competente para a súa resolución. O director xeral recalcou que, aínda que é o Goberno Autonómico o que está a facer a tramitación e a resolución dos expedientes, este asunto é de competencia estatal, concretamente da Mariña Mercante e da propia Secretaría General del Mar. Neste sentido, a Consellería do Mar está a asumir unha competencia que non é súa.

Situación dos expedientes

O director xeral detallou a situacións dos expedientes e subliñou que as 2.440 solicitudes presentadas en Galicia “poñen de manifesto que é, de lonxe, a comunidade autónoma más afectada por este proceso”. E apuntou que Andalucía ocupa o segundo posto, cun total de 230, menos do 10% dos presentados en Galicia.Así, do total de solicitudes, estanse tramitando 2.118 das cales 2.043 xa recibiron o informe da Secretaría General del Mar. Maneiro apuntou que 901 embarcacións obtiveron informe favorable para a súa regularización, o que supón o 41% dos informes recibidos e 1.142 desfavorables, o que supón un 56% dos informes. Destes desfavorables, 41 son por non ser necesaria a regularización ou non haber variacións nas medidas ou potencias da embarcación. Outros 571 foron desestimatorios por someterse a un proceso de regularización anterior, polo que quedarían na mesma situación na que se atopaban antes da promulgación da Lei 9/2007 que regula esta materia, é dicir, “nunha situación de limbo administrativo”. Os outros 530 correspóndense a embarcacións que deben aportar baixas sobre potencia ou sobre GTS para poder ser regularizadas.Maneiro recalcou que se trata dun proceso moi complexo e que a Consellería do Mar non está disposta a que ningunha destas pequenas embarcacións dedicadas ao marisqueo ou ao percebe quede fóra do proceso. Así deixou constancia nas diversas reunións mantidas co Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño. Ao respecto o director xeral engadiu que “estaremos ao lado do ministerio para adoptar as soluicións máis axeitadas e resolver todos os casos destas embarcacións, pois contamos co compromivo do Secretario General del Mar.

Novos permisos de marisqueo a pé

O director xeral Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños explicou as accións realizadas e a realizar pola Consellería do Mar para favorecer a incorporación de máis persoas á actividade marisqueira de bivalvos. Pablo Fernández informou de que no 2010 foron aprobados “un total de 185 novos permisos de marisqueo a pé para a extracción de moluscos bivalvos”.O director xeral incidiu en que unha das prioridades da Xunta é “o acondicionamento e a rexeneración para a mellora da produtividade dos bancos marisqueiros e da xestión e conservación dos recursos mariños vivos”. Neste sentido, Pablo Fernández, lembrou as axudas cun crédito dun millón de euros convocadas para este fin no marco dos fondos FEP e engadiu que ao abeiro de esta orde se presentaron 45 proxectos que na actualidade “están sendo valorados por unha comisión de avaliación atendendo a diversos criterios”. Unha vez aprobados, a súa execución será controlada e asesorada por un equipo de técnicos da Consellería, do Cima, do Intecmar e do Cetmar.En canto ao relevo xeracional no marisqueo, o titular de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños, incidiu en que para facilitalo, a Consellería introducirá cantas medidas considere necesarias no decreto no que está a traballar para regular os permisos de explotación”. Isto farao atendendo ás aportacións do sector. Outra da accións que realiza a Consellería do Mar para a mellora da actividade marisqueira é a das doazóns de semente de ameixa ás confrarías. Pablo Fernández salientou que “no que levamos de ano se sementaron máis de tres millóns de unidades de ameixa babosa, case dous millóns de ameixa xapónica e cento cincuenta mil unidades de ameixa fina”.Respecto da comercialización, o director xeral destacou a asistencia a feiras nacionais e internacionais nas que a Consellería promociona os produtos pesqueiros galegos e salientou o seu labor para impulsar a valorización dos produtos do mar nos consumidores a través de campañas como Mar Achega.

Link: XONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Mar solicitará un novo proceso de regularización" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.22 Segundos