|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 62 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Cabezón: falta de sintonía con Tobío e confianza en Feij&oa |
A saída do alcalde de Neda, Ignacio Cabezón, de TEGA para encabezar como
independente a lista do PP para as eleccións de 2011 leva a este a
explicar que se produce por unha falta de sintonía cos actuais líderes
de Terra Galega, por entender que se trata da mellor opción para "o noso
proxecto" e por sentirse profundamente representado polo presidente da
Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
Estas indicacións forman parte dunha carta pública coa que o actual
rexedor municipal de Neda trata de pechar un capítulo da súa vida
pública para desembarcar, "como home moderado, dialogante e
progresista", tal e como el mesmo recoñécese, nun equipo ao que "síntome
moi honrado de pertencer".
Cabezón, no entanto, recoñece que este cambio de rumbo político poida
que non chegue a entenderse e argumenta que "o único importante é o
progreso de Neda". Por outra banda, confía en "seguir contando co
respecto e o agarimo" da inmensa maioría do pobo de Neda e anuncia a súa
intención de dirixirse persoalmente a cada un dos veciños para explicar
os motivos do seu desembarco no Partido Popular e para "dicirvos que
Ignacio Cabezón, a persoa, non cambiou nin cambiará".
Link: DFONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Cabezón: falta de sintonía con Tobío e confianza en Feij&oa" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|