|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 64 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Plataforma cidadá Queremos Galego |
Plataforma
cidadá Queremos Galeg Rúa do
Vilar, 15 - 1º dereita | Tel. 981 563 885 | Fax. 981 583 782 www.queremosgalego.org
ESCRITO PARA ENTREGAR COMO NAI/PAI/TITOR-A DUN NENO
OU DUNHA NENA NA EDUCACIÓN INFANTIL, PARA GARANTIR O DEREITO Á EDUCACIÓN EN
GALEGO
A Xunta aprobou, a pesar do rexeitamento da
comunidade educativa, un novo decreto que, entre outros problemas, non garante
que un neno ou unha nena poida recibir ningún ensino en galego na etapa de
infantil.
Esta norma foi promulgada de forma unilateral, sen
ter en conta a opinión de sindicatos, organizacións estudantís, asociacións de
nais e pais, institucións culturais como a Real Academia Galega e o Consello da
Cultura Galega, ou un informe de altísimo nivel xurídico do Consello Consultivo.
Este último organismo advertiu á Xunta de que este decreto conculca dereitos na
educación infantil.
Que un neno ou unha nena poida recibir ningún ensino
na lingua propia até que faga os seis anos de idade é unha situación que non se
produce en ningunha outra comunidade do Estado español e que leva o galego a
unha situación preautonómica, alén de conculcar o dereito a un ensino
igualitario e de calidade.
Por iso, desde Queremos Galego animamos a todas as
nais, pais ou titoras e titores de nenas e nenos na etapa de educación infantil
a que cubran o formulario que se adxunta neste correo e o remita ao enderezo da
nosa plataforma cívica: Queremos Galego, Rúa do Vilar, 15 – 1º dereita, 15705
Santiago de Compostela.
Desde Queremos Galego entregaremos todos os escritos
(que serán compilados de acordo coa Lei de protección de datos) no rexistro da
Xunta, dirixidos ao Conselleiro de Educación, e achegarémoslle tamén as copias
correspondentes a cada centro de ensino á dirección do mesmo, para que teñan
constancia.
Este documento está pensado para todas as familias
que, falen galego ou castelán, desexen que o seu fillo ou a súa filla teña as
garantías para unha educación en galego. Subliñamos isto porque o actual decreto non só
dificulta que unha familia falante de galego poida ter ensino neste idioma para
o seu fillo/a, senón que imposibilita que un neno dunha familia falante de
castelán poida adquirir competencias comunicativas en galego. Ademais pedimos a todas as nais pais que respondan á
pregunta formulada pola Consellaría de Educación: EN GALEGO. A pregunta está formulada de tal xeito que non se
quere ter en conta en que lingua se quere escolarizar ás fillas e fillas senón
en que lingua falan as nais e pais.
Modelo de solicitude ( PDF )
Link: M.F.C.
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Plataforma cidadá Queremos Galego" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|