|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 26 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Aprobación listas de mobilidade de PL do Concello da Coruña |
O Concello da Coruña fixo públicas as listas de mobilidade de P.L. para a
convocatoria de 5 prazas correspondentes a ano en curso. Nelas, un dos
axentes da Policía Local de Cedeira logrou obter praza no 5º posto polo
que ten garantida a súa mobilidade á urbe coruñesa.
Este é o segundo axente que se traslada polo mesmo sistema de mobilidade
no prazo de pouco menos dun ano, desde que o ano pasado outro axente
deixase a Policía Local de Cedeira para pasarse á de Narón.
En cernes posiblemente tamén exista outra vacante máis no Corpo da
Policía Local de Cedeira, xa que outro axente solicitou praza no
municipio de Ferrol, e conta con moitas posibilidades de lograla.
Estas baixas de efectivos en Cedeira constitúen un problema para a
Policía Local xa que ao curto persoal de axentes, 5 axentes máis 1
inspector, moi reducida posto que polo tamaño de poboación do municipio
debese contanse cun persoal de cando menos 12 efectivos segundo todos os
estudos, únese o problema das diferenzas salariais.
Calquera destes axentes que cambian de destino pasan a gañar entre 300 e
500 euros máis nas súas nóminas, ademais de traballar nuns persoais
máis grandes e con máis apoios. O Sindicato SPPME valora ademais dos
maiores ingresos o feito de patrullar en parellas, unha revindicación
que en Cedeira se expón desde fai tempo e está recollida no convenio
pero que ultimamente é imposible cumprir, provocando estas desbandadas
cara a municipios maiores e con mellores condicións de traballo,
deixando moi tocada o persoal actual.
Link: Colaboración
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Aprobación listas de mobilidade de PL do Concello da Coruña" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|