Vilancico mariñeiro.
Veñen as lanchas do mar, de faenar, de Campelo,voltamos ledos, moi ledos, cargadiños de xurelo.Hoxe en Belén nace Deusporque Noiteboa é.Dende o peirao vexo o fume,e ós meus fillos coa muller.Por que tés présa, Xoanciño?Por que bules, ti, Manuel?Imos levarlle ó Neniñoa chona, un bolo e mel.Ó aflixido, ledicia, onde hai guerra poñer paz e cando ó portal cheguemos bicaremos ó rapaz.RetrousoXesús cos seus ollos hanos de ollar, pois ven a este mundopara nos salvar.Con pitos e gaitas,cunchas e tambor, cantemos en roda ó noso Señor.Xosé Antonio Suárez Aneiros.
Link: Colaborador