|  | | Menú |  |  | 
 
 | Online |  |  | 
 
| 
| Actualmente hay 185 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
 Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí
 |  |  
 | Información |  |  | 
 
 |  | | | PORTAL DE NOTICIAS CAFE BAR A MARINA 
 
  © 2012 J. Danko
FORO Email de contacto: cafebaramarina@cafebaramarina.com
 | 
 | 
 
 | | |  | Concello de Cedeira  ::: ANUNCIO |  | 
 |  ANUNCIO 
 Con data 11.09.2023 foi ditada a Resolución de Alcaldía núm. 436/2023 que literalmente di:
 
 “RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA
 
 Asunto: MODIFICACIÓN DA HORA DAS SESIÓNS ORDINARIAS DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL
 
 Mediante resolución de Alcaldía nº345/2023 de data 10.07.2023, resolveuse a constitución da Xunta de Goberno Local deste Concello, a designación dos membros da mesma e a determinación das súas atribucións.
 
 Establécese como data e hora para a realización das sesións ordinarias os venres cada quince días, ás 13:00 horas.
 
 Resultando que un dos membros da mesma, Dª Lucía Picos Aneiros, comunica a esta Alcaldía a imposibilidade de asistencia ás sesións venres ás 13:00 horas.
 
 Polo exposto, RESOLVO:
 
 PRIMEIRO.- Modificar o primeiro parágrafo do punto catro da resolución de Alcaldía nº345/2023 de data 10.07.2023, de tal xeito que quede redactado da seguinte maneira:
 
 “Fixar como periodicidade para as sesións ordinarias os venres cada quince días, ás 13:45 horas.”
 
 SEGUNDO.- Da presente resolución darase conta ao pleno na primeira sesión que celebre, notificándose, ademais, persoalmente aos designados, e publicándose no boletín oficial da provincia, sen prexuízo da súa efectividade dende a súa promulgación, conforme se indica no número 1 do artigo 23 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das bases do Réxime Local, e o artigo 52.4 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo cal se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.”
 
 En Cedeira,11 de setembro de 2023
 
 O Alcalde,
 
 Pablo Diego Moreda Gil
 | 
 | 
 
 |  | Enviado por Tono el Viernes, 15 septiembre a las 01:35:51  (182 Lecturas) (¿Comentarios? | Puntuación 0)
   | 
 | 
 
 | | |  | Concello de Cedeira  ::: ANUNCIO |  | 
 |  ANUNCIO 
 Aprobación definitiva do Plan municipal de prevención e defensa contra incendios forestais do Concello de Cedeira.
 
 O Pleno do Concello de Cedeira, en sesión ordinaria realizada o 30.03.2023, acordou a aprobación inicial do Plan municipal de prevención e defensa contra incendios forestais.
 
 O expediente foi sometido a información pública polo prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao da inserción do anuncio de aprobación inicial no Boletín oficial da Provincia, BOP nº 105 de 5 de xuño de 2023.
 
 Durante o prazo de información pública non se presentaron reclamacións en relación coa aprobación inicial, polo que o Plan considérase definitivamente aprobado.
 
 O texto do Plan municipal está a disposición dos interesados na sede electrónica do Concello.
 
 Cedeira, 11 de setembro de 2023
 
 O alcalde,
 
 Pablo Diego Moreda Gil
 | 
 | 
 
 |  | Enviado por Tono el Viernes, 15 septiembre a las 01:34:24  (177 Lecturas) (Leer más... | 968 bytes más | ¿Comentarios? | Puntuación 0)
   | 
 | 
 
 | | |  | Concello de Cedeira - Xunta de Governo |  | 
 |  CONVOCATORIA Vista a relación de expedientes elevados no correspondente expediente TEDeC, comunicada en data 3 de
 agosto de 2023 pola Secretaría, a efectos da convocatoria da sesión ordinaria que a Xunta de Goberno
 Local realizará o 4 de agosto de 2023.
 No uso das facultades que me están conferidas ao abeiro do establecido no artigo 21.1.c) da Lei 7/1985, do
 2 de abril, de Bases do Réxime Local, mediante o presente escrito convócaselle á sesión ordinaria que a
 XUNTA DE GOBERNO LOCAL realizará, na Casa Consistorial, o próximo día 4 de agosto de 2023 ás
 13:00 horas, en primeira convocatoria, e procederase en segunda de acordo co estipulado no artigo
 113.1.c) do R.O.F., coa seguinte:
 ORDE DO DÍA
 1. APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ACTA DO 21.07.2023
 2. APROBACIÓN DO PADRÓN DE ABOADOS CORRESPONDENTE AO 1º TRIMESTRE DO
 ANO 2023 DE SUBMINISTRO DE AUGA E SUMIDOIROS
 3. APROBACIÓN DO PADRÓN DE ABOADOS CORRESPONDENTE AO 2º TRIMESTRE DO
 ANO 2023 DE SUBMINISTRO DE AUGA E SUMIDOIROS
 4. APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN NÚM. 7 DA OBRA DE MELLORA DAS
 BEIRARRÚAS NA AVDA. ESPAÑA, RÚA PONTE NOVA E OUTRAS. POS+ADIC 2/2021
 5. PRÓRROGA DO CONTRATO DENOMINADO "SENDA PEONIL E AMPLIACIÓN DE
 CALZADA EN CORDOBELAS. POS+2022"
 6. APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN DA OBRA «SUBSTITUCIÓN DE
 CÉSPEDE ARTIFICIAL NO CAMPO DE FÚTBOL MUNICIPAL “O BECO”»
 7. ASUNTOS VARIOS
 A partir desta data ten Vde. á súa disposición, na Secretaría desta Corporación, os antecedentes
 relacionados cos asuntos que figuran na orde do día.
 En Cedeira, asinado dixitalmente
 O ALCALDE
 Pablo Diego Moreda Gil
 | 
 | 
 
 |  | Enviado por Tono el Miércoles, 16 agosto a las 05:49:18  (218 Lecturas) (Leer más... | 1769 bytes más | ¿Comentarios? | Puntuación 0)
   | 
 | 
 
 | | |  | Concello de Cedeira  ::: ANUNCIO |  | 
 |  Delegación de funcións de Alcaldía no Primeiro Tenente de Alcalde 
 ANUNCIO
 
 Con data 07.08.2023 foi ditada a Resolución de Alcaldía núm. 288/2023 que literalmente di:
 
 “RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA
 
 Asunto: DELEGACION DE FUNCIONS DE ALCALDIA NO PRIMEIRO TENENTE DE ALCALDE
 
 Tendo previsto ausentarme do termo municipal o día 10 de agosto de 2023, e de conformidade co disposto no artigo 23.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local; e no artigo 47 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais,
 
 RESOLVO:
 
 Primeiro.- Delegar as función de Alcaldía no 1º Tenente de Alcalde, D. José Antonio Rodríguez Arribe, a fin de que substitúa na totalidade das citadas funcións o día 10 de agosto de 2023.
 
 Segundo.- Notificar a presente Resolución ó interesado, así como publicala no taboleiro de edictos da Corporación e no Boletín Oficial da Provincia.”
 
 En Cedeira, 8 de agosto de 2023
 
 O Alcalde,
 
 Pablo Diego Moreda Gil
 | 
 | 
 
 |  | Enviado por Tono el Martes, 15 agosto a las 17:36:01  (292 Lecturas) (Leer más... | 1243 bytes más | ¿Comentarios? | Puntuación 0)
   | 
 | 
 
 | | |  | Concello de Cedeira  ::: ANUNCIO |  | 
 |  Bases da subvención para gastos de funcionamento de escolas de música de Cedeira 
 ANUNCIO
 
 BASES DA SUBVENCIÓN PARA GASTOS DE FUNCIONAMENTO DE ESCOLAS DE MÚSICA DE CEDEIRA
 
 Mediante acordo adoptado polo Pleno do Concello en sesión ordinaria do 27.07.2023 aprobáronse as seguintes bases e convocatoria:
 
 BASES DA SUBVENCIÓN PARA GASTOS DE FUNCIONAMENTO DE ESCOLAS DE MÚSICA DE CEDEIRA
 
 1. Obxecto da subvención
 
 O obxecto da convocatoria é subvencionar os gastos de funcionamento das escolas de música de Cedeira.
 
 2. Beneficiarios e requisitos
 
 Poden participar todas as asociacións culturais con sede neste municipio que estean inscritas no Rexistro de Asociacións do Concello de Cedeira no momento de presentación das solicitudes, e que non contraveñan as disposicións dos artigos 10 e 13 Lei Xeral 38/2003 de Subvencións e da Lei 9/2007 de Subvencións de Galicia.
 
 No caso de asociacións que foran beneficiarias de subvencións outorgadas en anos anteriores polo Concello de Cedeira, deberán telas debidamente xustificadas.
 
 A participación pode facerse de xeito individual ou conxunto.
 
 No caso de que varias asociacións presenten unha solicitude de forma conxunta, deberán asignar unha persoa representante para recadar a subvención e comunicarse co Concello.
 
 3. Forma e lugar de presentación das solicitudes
 
 As solicitudes deben presentarse a través da sede electrónica de conformidade co disposto nos artigos 14 e 16 da Lei 39/2005, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
 
 4. Prazo de presentación das solicitudes
 
 O prazo para presentar as solicitudes será de 15 días hábiles a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
 | 
 | 
 
 |  | Enviado por Tono el Lunes, 07 agosto a las 18:52:10  (220 Lecturas) (Leer más... | 15140 bytes más | ¿Comentarios? | Puntuación 0)
   | 
 | 
 
 | | |  | Concello de Cedeira  ::: ANUNCIO |  | 
 |  Publicidade da presentación polos Concelleiros/as das declaracións sobre causas de posible incompatibilidade e actividades e de bens patrimoniais 
 ANUNCIO
 
 En cumprimento do establecido no artigo 75.7 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, dáse publicidade á presentación das declaracións sobre bens patrimoniais e participación en sociedades de todo tipo e declaracións sobre causas de posible incompatibilidade e actividades económicas por parte dos concelleiros/as que cesan no seu mandato e dos concelleiros/as que tomaron posesión do seu cargo para o mandato 2023-2027:
 
 CONCELLEIROS/AS CESANTES QUE PRESENTARON AS DECLARACIÓNS:
 
 Dona Manuela López Rodríguez
 
 Dona María José Rodríguez Pérez
 
 Don Manuel Martínez López
 
 Dona Ermitas García Ríos
 
 Dona Magdalena Pérez Villar
 
 Dona María Luz Leonardo Aneiros
 
 Don Pablo Diego Moreda Gil
 
 Dona Carmela Prieto Cal
 
 Don Jesús Romero Carracelas
 
 Don Manuel Pérez Riola
 
 Dona Esther Couto Lamigueiro
 
 Don Luís Rubido Ramonde
 
 Don Esteban Blanco Garrote
 
 CONCELLEIROS/AS ENTRANTES QUE PRESENTARON AS DECLARACIÓNS
 
 Don José Antonio Rodríguez Arribe
 
 Dona Manuela López Rodríguez
 
 Don Pablo Luís Nebril López
 
 Dona María José Pernas Díaz
 
 Don Noel López López
 
 Don Xulio Cribeiro García
 
 Dona María Luz Leonardo Aneiros
 
 Dona Olga Iglesias Bereijo
 
 Don Pablo Diego Moreda Gil
 
 Dona Carmela Prieto Cal
 
 Don Jesús Romero Carracelas
 
 Dona Lucía Picos Aneiros
 
 Don Ismael Durán Bereijo
 
 Cedeira, 31 de xullo de 2023
 
 O alcalde,
 
 Pablo Diego Moreda Gil
 | 
 | 
 
 |  | Enviado por Tono el Lunes, 07 agosto a las 18:49:16  (176 Lecturas) (Leer más... | 1947 bytes más | ¿Comentarios? | Puntuación 0)
   | 
 | 
 
 | | |  | PP Cedeira ::: Xulio Cribeiro |  | 
 | 
 
 |  | Enviado por Tono el Domingo, 30 julio a las 22:44:33  (182 Lecturas) (Leer más... | 154 bytes más | ¿Comentarios? | Puntuación 0)
   | 
 | 
 
 | | |  | PP Cedeira ::: Comunicado |  | 
 | 
 
 |  | Enviado por Tono el Domingo, 30 julio a las 22:41:30  (200 Lecturas) (Leer más... | 204 bytes más | ¿Comentarios? | Puntuación 0)
   | 
 | 
 
 | | |  | BNG - Informa |  | 
 | 
 
 |  | Enviado por Tono el Sábado, 29 julio a las 00:37:41  (217 Lecturas) (Leer más... | 181 bytes más | ¿Comentarios? | Puntuación 0)
   | 
 | 
 
 | | |  | Concello de Cedeira  ::: 23J 2023 |  | 
 |  Cedeira 2023 
 Comparado con10 N - 2019 
 Candidaturas         Votos Porcentajes                     Candidatura Votos Porcentajes 
 PP               1.537   41,28%   + 11,59 puntos          PP                 1.031      29,69%  PSdeG-PSOE    998   26,80%       - 2,20 puntos          PSdeG-PSOE   1.007      29,00%B.N.G.             579   15,55%     - 0,40 puntos           BNG                554       15,95% SUMAR            372    9,99%
 
 
 2023
 Participación
 69,13%
 3.748
 + 6,27
 
 Abstención
 30,86%
 1.673
 - 6,27
 
 10 N - 2019
 Participación
 62,86%
 3.508--
 
 Abstención
 37,13%
 2.072
 
 | 
 | 
 
 |  | Enviado por Tono el Martes, 25 julio a las 20:45:01  (209 Lecturas) (Leer más... | 1751 bytes más | ¿Comentarios? | Puntuación 0)
   | 
 | 
 
 | | |  | Concello de Cedeira - Xunta de Governo |  | 
 |  CONVOCATORIA Vista a relación de expedientes elevados no correspondente expediente TEDeC, comunicada en data 20 de
 xullo de 2023 pola Secretaría, a efectos da convocatoria da sesión ordinaria que a Xunta de Goberno Local
 
 realizará o 21 de xullo de 2023. No uso das facultades que me están conferidas ao abeiro do establecido no artigo 21.1.c) da Lei 7/1985, do
 2 de abril, de Bases do Réxime Local, mediante o presente escrito convócaselle á sesión ordinaria que a
 XUNTA DE GOBERNO LOCAL realizará, na Casa Consistorial, o próximo día 21 de xullo de 2023 ás
 13:00 horas, en primeira convocatoria, e procederase en segunda de acordo co estipulado no artigo
 
 113.1.c) do R.O.F., coa seguinte: 
 ORDE DO DÍA 1. DAR CONTA DA RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA NÚM. 345/2023 DE DATA 10.07.2023 -
 CONSTITUCIÓN DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL E DELEGACIÓN DE
 COMPETENCIAS
 2. ACORDO DE SOMETEMENTO A INFORME DA COMISIÓN INFORMATIVA DE
 URBANISMO DOS ASUNTOS EN MATERIA URBANÍSTICA DELEGADOS NA XUNTA DE
 GOBERNO LOCAL
 3. LICENZA DE EDIFICACIÓN 2023/U022/000014
 4. LICENZA DE EDIFICACIÓN 2023/U022/000018
 5. MODIFICACIÓN DA LICENZA DE EDIFICACIÓN Nº 2011/008/000006 (EXP:
 2023/U022/000021)
 6. MODIFICACIÓN DA LICENZA DE EDIFICACIÓN Nº 2012/U008/000007 (EXP:
 2023/U022/000019)
 7. APROBACIÓN DAS LIQUIDACIÓNS CORRESPONDENTES A TAXA POLA
 PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR CORRESPONDENTES AO MES DE
 XUÑO DE 2023
 8. DAR CONTA DA FIRMEZA DA SENTENCIA DO XULGADO CONTENCIOSO/
 ADMINISTRATIVO N. 1 DE FERROL DE DATA 22.11.2022, P. A. 304/2022 DE REALE
 SEGUROS GENERALES S.A. CONTRA O CONCELLO DE CEDEIRA (EXPTE
 2022/P002/000003)
 9. DAR CONTA DA SENTENCIA DO XULGADO CONTENCIOSO/ADMINISTRATIVO N.1
 DE FERROL DE DATA 22.06.2023, P.A. 124/2022 DE MARIA CRISTINA BECEIRO
 MONTERO CONTRA O CONCELLO DE CEDEIRA (EXPTE 2022/P002/000013)
 10. DAR CONTA DA SENTENCIA DO T.S.X. DE GALICIA, SALA DO SOCIAL DE A CORUÑA,
 DE DATA 28.06.2023, RSU RECURSO DE SUPLICACIÓN 6723/2022, SSS 145/2021 DO INSS
 E JOSÉ LUÍS PARADA FREIRE CONTRA O CONCELLO DE CEDEIRA E OUTROS
 (EXPTE 2022/P002/000001)
 
 11. ASUNTOS VARIOS A partir desta data ten Vde. á súa disposición, na Secretaría desta Corporación, os antecedentes
 relacionados cos asuntos que figuran na orde do día.
 
 En Cedeira, asinado dixitalmente 
 O ALCALDE
 Pablo Diego Moreda Gil
 | 
 | 
 
 |  | Enviado por Tono el Martes, 25 julio a las 20:00:43  (225 Lecturas) (Leer más... | 2676 bytes más | ¿Comentarios? | Puntuación 0)
   | 
 | 
 
 | | |  | Concello de Cedeira - CONVOCATORIA PLENO |  | 
 |  NOTIFICACIÓN En virtude do ordenado por ALCALDÍA, poño no seu coñecemento que con data 20-07-2023 foi ditada a seguinte
 
 RESOLUCIÓN con número 370/2023: 
 “RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA 
 Asunto: CONVOCATORIA PLENO ORDINARIO 27.07.2023 De conformidade co disposto no artigo 38 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro polo que se
 
 aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, 
 RESOLVO: Primeiro.- CONVOCAR sesión ordinaria que realizará O CONCELLO PLENO na Casa Consistorial, o
 vindeiro 27 de xullo de 2023 ás 20:00 h en primeira convocatoria, e procederase en segunda de acordo co
 
 estipulado no artigo 90.2 do R.O.F. Segundo.- Que pola Secretaria se cite a todos os concelleiros para a devandita sesión manifestándolles que
 a partir desta data teñen ao seu dispor na Secretaría municipal os antecedentes que figuran na Orde do Día inserido a
 
 continuación deste Decreto. 
 Terceiro.- Incluír na Orde do Día da devandita sesión o seguinte asunto: 
  ORDE DO DÍA 1. APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ACTA DE DATA 26.06.2023
 2. MODIFICACIÓN DE CÉDITO MODALIDADE SUPLEMENTO DE CRÉDITO FINANCIADO
 CON REMANENTE DE TESOURERÍA PARA GASTOS XERAIS 2022. MC 17 2023 SC 03 2023
 3. DAR CONTA DA DESIGNACIÓN DE MEMBROS DAS COMISIÓNS INFORMATIVAS
 4. DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS DE ALCALDÍA ADOPTADAS DESDE A ÚLTIMA SESIÓN
 ORDINARIA
 5. MOCIÓNS DE URXENCIA
 
 6. ROGOS E PREGUNTAS En Cedeira, asinado dixitalmente na data que figura na marxe polo Sr. Alcalde Pablo Diego Moreda Gil, do que eu,
 
 Ana Velo Ruiz, como Secretaria, dou fe.” Documento asinado dixitalmente na data e polas persoas indicadas na marxe.
 
 A Secretaria Xeral Ana Velo Ruiz
 | 
 | 
 
 |  | Enviado por Tono el Martes, 25 julio a las 19:57:46  (218 Lecturas) (Leer más... | 2147 bytes más | ¿Comentarios? | Puntuación 0)
   | 
 | 
 
 | | |  | Recoñecemento de adicación exclusivas e parciais a membros da corp |  | 
 |  Recoñecemento de adicación exclusivas e parciais a membros da corporación 
 ANUNCIO
 
 Recoñecemento de adicacións exclusivas e parciais a membros da Corporación
 
 En sesión realizada en data 13 de xullo de 2023 o Pleno da Corporación adoptou,entre outros, o seguinte acordo:
 
 “Primeiro.- Recoñecer a dedicación exclusiva a tempo completo aos membros da corporación que ocupará os seguintes cargos:
 
 - Alcalde, D. Pablo Diego Moreda Gil, importe anual bruto en euros 46.732,00 €.
 
 - Concelleiro-Delegado de Obras, Servizos, Praias e Cemiterios, D. Jesús Romero Carracelas, importe anual bruto en euros 33.642,00 €, dedicación ao 100%.
 
 - Concelleiro-Delegado de Educación, Mocidade e Normalización Lingüística, D. Noel López López, importe anual bruto en euros 33.642,00 €, dedicación ao 100%.
 
 Segundo.- Recoñecer a dedicación parcial aos membros da corporación que ocuparán os seguintes cargos:
 
 - Concelleira-Delegada de Servizos Sociais, Lecer, Persoal, Participación Cidadá e Facenda, Dª Carmela Prieto Cal, importe anual bruto en euros 22.442,00 €, dedicación ao 66,70%.
 
 - Concelleira-Delegada de Rural e Parroquias, Dª María José Pernas Díaz, importe anual bruto en euros 22.442,00 €, dedicación ao 66,70%.
 
 Terceiro.- A contía das retribucións fixadas neste acordo será revisada para cada exercicio orzamentario con efectos 1 de xaneiro na porcentaxe prevista na Lei de Orzamentos Xerais do Estado para o ano correspondente. Respecto das indemnizacións, serán aplicables as normas estatais e, no seu caso, as autonómicas, que leven a cabo a actualización do importe destas.
 
 Cuarto.- Os efectos económicos deste acordo terán carácter retroactivo dende o día do desempeño efectivo do cargo.
 
 Quinto.- Os membros da Corporación con dedicación terán dereito a vacacións retribuídas en proporción a súa dedicación.
 
 Sexto.- Os devanditos importes abonaranse en catorce mensualidades, solicitando a alta ante a Tesourería Territorial da Seguridade Social ou na Mutualidade de Funcionarios correspondente e asumindo o gasto con cargo ao vixente orzamento municipal.
 
 Sétimo.- O presente acordo será publicado no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de edictos da Corporación.”
 
 En Cedeira, 17 de xullo de 2023
 
 O alcalde,
 
 Pablo Diego Moreda Gil
 | 
 | 
 
 |  | Enviado por Tono el Viernes, 21 julio a las 22:14:27  (208 Lecturas) (Leer más... | 2676 bytes más | ¿Comentarios? | Puntuación 0)
   | 
 | 
 
 | | |  | Percepcións por asistencia a órganos colexiados ::: BOP |  | 
 |  Percepcións por asistencia a órganos colexiados 
 ANUNCIO
 
 Percepcións por asistencia a órganos colexiados
 
 En sesión realizada en data 13 de xullo de 2023 o Pleno da Corporación adoptou,entre outros, o seguinte acordo:
 
 “Primeiro.- Nos termos do artigo 75.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, establecer as seguintes indemnizacións por asistencia a órganos colexiados da Corporación aos membros que non teñan dedicación exclusiva ou parcial:
 
 a) Por asistencias a sesións da Xunta de Goberno Local: 100,00 €
 
 b) Por asistencias a sesións plenarias e de Comisións Informativas: 100,00 €.
 
 As asistencias aboaranse polo procedemento establecido nas bases de execución do Orzamento Municipal de Cedeira.
 
 Segundo.- Modificar as Bases de Execución do Orzamento para o exercicio 2023, no que se refire as cantidades fixadas por asistencias e indemnizacións.
 
 Terceiro.- O presente acordo será publicado no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de edictos da Corporación.”
 
 En Cedeira, 17 de xullo de 2023
 
 O alcalde,
 
 Pablo Diego Moreda Gil
 | 
 | 
 
 |  | Enviado por Tono el Viernes, 21 julio a las 22:10:37  (178 Lecturas) (Leer más... | 1295 bytes más | ¿Comentarios? | Puntuación 0)
   | 
 | 
 
 | | |  | Composición da mesa de contratación permanente :: BOP |  | 
 |  Composición da mesa de contratación permanente 
 ANUNCIO
 
 En sesión realizada en data 13 de xullo de 2023 o Pleno da Corporación adoptou,entre outros, o seguinte acordo:
 
 “Primeiro.- Constituír a Mesa de Contratación permanente do Concello de Cedeira que actuará como órgano de asistencia do órgano de contratación competente en tódolos contratos que asine esta entidade local e sexan obxecto de adxudicación mediante procedemento aberto, aberto simplificado, restrinxido, de diálogo competitivo, de licitación con negociación, de asociación para a innovación, e nos procedementos negociados nos que non sexa necesario publicar anuncio de licitación, quedando integrada polos seguintes membros:
 
 PRESIDENTE: Carmela Prieto Cal (concelleira do grupo municipal do PSdeG-PSOE)
 
 Suplente: Jesús Romero Carracelas (concelleiro do grupo municipal do PSdeG-PSOE)
 
 VOGAIS:
 
 - José Antonio Rodríguez Arribe (concelleiro do grupo municipal do BNG))
 
 Suplente: Noel López López (concelleiro do grupo municipal do BNG)
 
 - A Secretaria municipal
 
 Suplente: O funcionario que sexa nomeado Secretario accidental
 
 - A Interventora Municipal
 
 Suplente: O funcionario que sexa nomeado Interventor accidental
 
 - O Arquitecto Técnico Municipal
 
 Suplente: O Arquitecto Municipal
 
 SECRETARIO: María Montserrat Pérez Garrote (administrativa do departamento de Administración Xeral)
 
 Suplente: Iris Pita Leonardo (administrativa do departamento de Administración Xeral)
 
 Segundo.- Publicar anuncio referindo este acordo e a composición da Mesa de Contratación permanente na Plataforma de Contratos do Sector Público e no Boletín Oficial da Provincia.
 
 Terceiro.- Notificar este acordo aos designados como membros da Mesa de Contratación permanente.”
 
 En Cedeira, 17 de xullo de 2023
 
 O alcalde,
 
 Pablo Diego Moreda Gil
 | 
 | 
 
 |  | Enviado por Tono el Viernes, 21 julio a las 22:08:20  (238 Lecturas) (Leer más... | 2053 bytes más | ¿Comentarios? | Puntuación 0)
   | 
 | 
 
 | | |  | Historico das municipais  :::: Cedeira 1979 - 2019 |  | 
 | 
 
 |  | Enviado por Tono el Martes, 18 julio a las 23:45:29  (167 Lecturas) (Leer más... | 630 bytes más | ¿Comentarios? | Puntuación 0)
   | 
 | 
 
 | | |  | Municipales ::: Concello de Cedeira ::: 2007 a 2023 |  | 
 |  
 
 
 Votos por partidos en Cedeira ---- 2007 
 Partido     Concejales     Votos     %PP                       6    1.888    42,89 % PSdeG-PSOE     4    1.169    26,56 %
 BNG                     2      724    16,45 %
 
 TEGA                  1       535    12,15 % 
 
 Votos por partidos en Cedeira ------ 2011
 
 Partido     Concejales     Votos     %PP                       7    2.278    50,91 %
 PSdeG-PSOE    4     1.335    29,83 %
 BNG                    2        606    13,54 %
 EU                      0           79      1,77 %
 CG                      0          52       1,16 %
 TEGA                 0          48       1,07 % 
 Votos por partidos en Cedeira --- 2015
 
 Partido     Concejales     Votos     %PP                      6    1.516    43,17 %
 PSdeG-PSOE    3       821    23,38 %
 AINA                  2      486    13,84 %
 BNG                    2      478    13,61 %
 EU                      0       135    3,84 %
 
 
 
 Votos por partidos en Cedeira ---- 2019
 
 Partido     Concejales     Votos     %PSdeG-PSOE    7    1.905    51,21 %
 PP                      4    1.015    27,28 %
 BNG                   2       757    20,35 %
 
 
 Resultados por partido 
                           2023                                        2019 
 Partido          Concejales     Votos     %            Concejales     Votos     % 
 PSDEG-PSOE       5-2     1.393     39.52 %                    7     1.905     51.21 % 
 PP                       4=       1.073     30.44 %                    4     1.015     27.28 % 
 B.N.G.                  4+2     1.003     28.46 %                   2     757     20.35 %
 
 | 
 | 
 
 |  | Enviado por Tono el Martes, 18 julio a las 23:04:41  (205 Lecturas) (Leer más... | 5041 bytes más | ¿Comentarios? | Puntuación 0)
   | 
 | 
 
 | | |  | Concello de Cedeira  ::: 2015-2019 |  | 
 |  ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA REALIZADA POLO PLENO DA CORPORACIÓN  EN DATA OITO DE XULLO DE DOUS MIL QUINCE. 
 ....................................................................................................................
 8.- PROPOSTA DE ASIGNACIÓN DE ADICACIÓNS EXCLUSIVAS
 
 Primeiro.- Recoñecer a adicación exclusiva a tempo completo aos membros da corporación
 que ocuparán os seguintes cargos:
 - Alcalde D. Pablo Diego Moreda Gil, importe anual bruto en euros 43.400,00 €.
 - Concelleiro Delegado de Deportes, D. Nicolás Vergara Quintiana, importe anual bruto en
 euros 23.100,00€.
 
 
 .......................................................................................................................
 10.- PROPOSTA DE ASIGNACIÓNS ECONÓMICAS AOS GRUPOS POLÍTICOS
 
 Á vista da constitución da nova Corporación o pasado día 13 de xuño de 2015, esta Alcaldía
 
 propón ao Pleno a adopción do seguinte acordo: Primeiro. - Establecer a seguinte asignación aos grupos políticos, nos termos do artigo 73.3
 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local:
 80,00€. Grupo/mes.
 
 30,00€. Concelleiro/mes. 
 ......................................................................................................................
 12.- PROPOSTA DE INDEMNIZACIÓNS POR ASISTENCIA A ÓRGANOS
 COLEXIADOS
 
 Primeiro. - Nos termos do artigo 75.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do
 Réxime Local, establecer as seguintes indemnizacións por asistencia a órganos colexiados da
 Corporación aos membros que non teñan adicación exclusiva ou parcial:
 a) Por asistencias a sesións da Xunta de Goberno Local: 60,00 €
 b) Por asistencias a sesións plenarias, de Comisións Informativas e de Mesas de
 Contratación, 60,00 €.
 
 
 | 
 | 
 
 |  | Enviado por Tono el Martes, 18 julio a las 22:13:19  (182 Lecturas) (Leer más... | 2419 bytes más | ¿Comentarios? | Puntuación 0)
   | 
 | 
 
 | | |  | Concello de Cedeira  ::: 2019-2023 ::: Grupos Municipais |  | 
 |  PABLO DIEGO MOREDA GIL
 2ª
 Lexislatura. Enxeñeiro Técnico Agrícola en mecanización agraria e 
construcción rurais, con experiencia laboral no sector público e 
privado. 
 Alcalde-Presidente do Concello de Cedeira. Membro da Xunta de Goberno Local. 
 Retribucións municipais: adicación exclusiva a tempo completo cun importe anual bruto de 43.400,00 € 
 MANUEL PÉREZ RIOLA    
 4ª
 Lexislatura. Calorifugador en empresa auxiliar do sector naval ao longo
 de máis de 15 anos. Emigrante retornado logo de 17 anos. 
 Concelleiro-Delegado de Obras, Medio Rural, Persoal e Seguridade Cidadá. Membro da Xunta de Goberno Local 
 Retribucións municipais: adicación ao 50% cun importe anual bruto de 16.800,00 €
 
 MAGDALENA PÉREZ VILLAR
 1ª Lexislatura.
Concelleira-Delegada de Servizos Sociais e Igualdade. Membro da Xunta de Goberno Local.  
 
 JESÚS ROMERO CARRACELAS 
 1ª Lexislatura.
Concelleiro-Delegado de Deportes e Praias.  Membro da Xunta de Goberno Local. 
 
 
 CARMELA PRIETO CAL   
 1ª Lexislatura.
Concelleira-Delegada de Turismo, Participación Cidadá e Xuventude.  Membro da Xunta de Goberno Local. 
 Retribucións municipais: adicación ao 50% cun importe anual bruto de 16.800,00 €.  
 ERMITAS GARCÍA RÍOS
 1ª Lexislatura.
Concelleira-Delegada de Cultura, Ensino e Bens de Interese Cultural 
 MANUEL MARTÍNEZ LÓPEZ
 1ª Lexislatura.
Concelleiro-Delegado de Facenda e Servizos Económicos, Ocio e Tempo de lecer. 
 Retribucións municipais: adicación ao 40% cun importe anual bruto de 13.440,00 €. 
 LUIS RUBIDO RAMONDE
 X Lexislatura. Idade. Profesión.
 
 
 ESTEBAN BLANCO GARROTE
 X Lexislatura. Idade. Profesión. 
 ESTHER COUTO LAMIGUEIRO
 X Lexislatura. Idade. Profesión. 
 MARÍA LUZ LEONARDO ANEIROS 
 X Legislatura. Edad. Profesión. 
 
 MARÍA JOSÉ RODRÍGUEZ PÉREZ
 3ª
 Lexislatura. Licenciada con grao en Xeografía e Historia, especialidade
 de prehistoria e arqueoloxía, traballando os últimos 15 anos como 
arqueóloga no servizo de Patrimonio da Xunta de Galicia. 
 
 MANUELA LÓPEZ RODRÍGUEZ
 3ª Lexislatura. Mestra de ensino infantil e primaria. 
 
 | 
 | 
 
 |  | Enviado por Tono el Martes, 18 julio a las 20:45:37  (182 Lecturas) (Leer más... | 12871 bytes más | ¿Comentarios? | Puntuación 0)
   | 
 | 
 
 | | |  | BOP - Concello de Cedeira |  | 
 |  Resolución de Alcaldía. nomeamento de tenentes de alcalde 
 ANUNCIO
 
 Con data 10.07.2023 foi ditada a Resolución de Alcaldía núm. 347/2023 que literalmente di:
 
 “RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA
 
 Asunto: NOMEAMENTO DE TENENTES DE ALCALDE
 
 D. Pablo Diego Moreda Gil, Alcalde-Presidente deste Concello, de conformidade co disposto no artigo 21.2. da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, no artigo 46.1 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo cal se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, e 62 e 63 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia,
 
 RESOLVO
 
 PRIMEIRO.- Nomear Tenentes de Alcalde aos Concelleiros seguintes:
 
 1º Tenente de Alcalde: D. José Antonio Rodríguez Arribe
 
 2º Tenente de Alcalde: D. Ismael Durán Bereijo
 
 3º Tenente de Alcalde: Dª María José Pernas Díaz
 
 4º Tenente de Alcalde: Dª Lucía Picos Aneiros
 | 
 | 
 
 |  | Enviado por Tono el Lunes, 17 julio a las 19:32:10  (186 Lecturas) (Leer más... | 2749 bytes más | ¿Comentarios? | Puntuación 0)
   | 
 | 
 
 | | |  | BOP - Concello de Cedeira |  | 
 |  Resolución de Alcaldía. Nomeamento de concelleiros-delegados 
 ANUNCIO
 
 Con data 10.07.2023 foi ditada a Resolución de Alcaldía núm. 346/2023 que literalmente di:
 
 “RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA
 
 Asunto: NOMEAMENTO DE CONCELLEIROS-DELEGADOS
 
 D. Pablo Diego Moreda Gil, Alcalde-Presidente deste Concello, de conformidade coas atribucións conferidas polo artigo 43 e seguintes do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo cal se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, e coa finalidade de conseguir unha maior eficacia na xestión,
 
 RESOLVO
 
 PRIMEIRO.- Efectuar a favor dos membros da Xunta de Goberno Local que se citan as seguintes delegacións xenéricas, referidas ás áreas que se determinan, e nas materias que no seu caso se detallan, ó abeiro do que dispón o artigo 43.3 do ROF, con facultades para dirixir e xestionar os servizos correspondentes, baixo a supervisión da Alcaldía, pero sen incluír a facultade de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros:
 
 - D. José Antonio Rodríguez Arribe: Concelleiro-Delegado de Cultura, Patrimonio e Deportes
 
 - D. Ismael Durán Bereijo: Concelleiro-Delegado de Medio Ambiente
 
 - Dª María José Pernas Díaz: Concelleira-Delegada de Medio Rural e Parroquias
 
 - Dª Lucía Picos Aneiros: Concelleira-Delegada de Igualdade
 
 SEGUNDO.- Efectuar a favor dos Concelleiros que se citan as seguintes delegacións especiais, ó abeiro do que dispón o artigo 43.4 e 43.5 do ROF, con responsabilidade para a dirección interna e xestión de servizos, baixo a supervisión da Alcaldía, sen incluír a facultade de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros:
 
 - D. Jesús Romero Carracelas: Concelleiro-Delegado de Obras, Servizos, Praias e Cemiterios
 
 - Dª Carmela Prieto Cal: Concelleira-Delegada de Servizos Sociais, Lecer, Persoal, Participación Cidadá e Facenda
 
 - D. Noel López López: Concelleiro-Delegado de Educación, Mocidade e Normalización Lingüística
 
 - Dª Manuela López Rodríguez: Concelleira-Delegada de Emprego e Promoción Económica
 | 
 | 
 
 |  | Enviado por Tono el Lunes, 17 julio a las 19:29:59  (257 Lecturas) (Leer más... | 3459 bytes más | ¿Comentarios? | Puntuación 0)
   | 
 | 
 
 | | |  | BOP - Concello de Cedeira |  | 
 |  Resolución de Alcaldía. Constitución da xunta de goberno local e delegación de competencias 
 ANUNCIO
 
 Con data 10.07.2023 foi ditada a Resolución de Alcaldía núm. 345/2023 que literalmente di:
 
 “RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA
 
 Asunto: CONSTITUCIÓN DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL E DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS
 
 D. Pablo Diego Moreda Gil, Alcalde-Presidente deste Concello, de conformidade coas atribucións conferidas polo artigo 23 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das bases do Réxime Local, 43 e 52 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo cal se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, e 65 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia,
 
 RESOLVO
 
 PRIMEIRO.- Incoar expediente para a constitución da Xunta de Goberno Local deste Concello.
 
 SEGUNDO.- Designar membros da Xunta de Goberno Local aos Sres./Sras.:
 
 D. José Antonio Rodríguez Arribe
 
 D. Ismael Durán Bereijo
 
 Dª María José Pernas Díaz
 
 Dª Lucía Picos Aneiros
 | 
 | 
 
 |  | Enviado por Tono el Lunes, 17 julio a las 19:27:32  (171 Lecturas) (Leer más... | 4516 bytes más | ¿Comentarios? | Puntuación 0)
   | 
 | 
 
 | | |  | BNG - Cedeira |  | 
 |  Cando dicimos que  @s concelleir@s do nacionalismo galego non cobraron no goberno de coalición do mandato do 2015 ao 2019, estámos a afirmar unha realidade que non ten contestación pois é unha verdade pública e demostrable. 
 Cando preguntamos si algún outro partido político local estaría disposto, de ter a responsabilidade de goberno no concello de Cedeira, a comprometerse do mesmo xeito que as nosas concelleiras fixeron con moito esforzo e dificultades, sen mermar a excelente xestión que realizaron, o que obtemos é a calada por resposta (non todos os partidos políticos son iguais). 
 Máis para o PP que ten un longo currículum de depredación de diñeiro público agora lle molesta que de catro concelleir@s no BNG, un conte cunha adicación completa retribuída e outra con media dentro dos parámetros que estipula a lei. 
 
 Xa poden empapelar a Vila con bulos que nunca van poder enlamar a honestidade nin os principios éticos da nosa organización, nin d@s nos@s concelleir@s 
 Nós en cambio si podemos demostrar a súa falta de escrúpulos e de honestidade cando contaron con responsabilidades de goberno. 
 
 +Info:( Portal de Trasnparencia - Concello de Cedeira )
 
 (ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA REALIZADA POLO PLENO DA
CORPORACIÓN EN DATA OITO DE XULLO DE DOUS MIL QUINCE. | 
 | 
 
 |  | Enviado por Tono el Domingo, 16 julio a las 21:45:15  (213 Lecturas) (Leer más... | 1736 bytes más | ¿Comentarios? | Puntuación 0)
   | 
 | 
 
 | | |  | Concello de Cedeira - Alcaldía |  | 
 |  RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA 
 Asunto: CONVOCATORIA PLENO EXTRAORDINARIO 13.07.2023 
 De conformidade co disposto no artigo 38 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, 
 RESOLVO: Primeiro.- CONVOCAR sesión extraordinaria que realizará O CONCELLO PLENO na
 
 Casa Consistorial, o vindeiro 13 de xullo de 2023 ás 20:00 h en primeira convocatoria, e procederase en segunda de acordo co estipulado no artigo 90.2 do R.O.F. Segundo.- Que pola Secretaria se cite a todos os concelleiros para a devandita sesión
 manifestándolles que a partir desta data teñen ao seu dispor na Secretaría municipal os
 
 antecedentes que figuran na Orde do Día inserido a continuación deste Decreto. 
 Terceiro.- Incluír na Orde do Día da devandita sesión o seguinte asunto: 
  ORDE DO DÍA 1. APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ACTA DA SESIÓN CONSTITUTIVA DO 17 DE XUÑO
 DE 2023
 2. DAR CONTA CONSTITUCIÓN DOS GRUPOS POLÍTICOS DO PSdeG-PSOE, BNG E PP
 3. DAR CONTA DA RESOLUCIÓN NÚM. 345/2023 DE DATA 10.07.2023 – CONSTITUCIÓN
 DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL E DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS
 4. DAR CONTA DA RESOLUCIÓN NÚM. 346/2023 DE DATA 10.07.2023 - NOMEAMENTO
 DE CONCELLEIROS-DELEGADOS
 5. DAR CONTA DA RESOLUCIÓN NÚM. 347/2023 DE DATA 10.07.2023 - NOMEAMENTO
 DE TENENTES DE ALCALDE
 6. PROPOSTA DE PERIODICIDADE DAS SESIÓNS PLENARIAS
 7. PROPOSTA DE CREACIÓN E COMPOSICIÓN DAS COMISIÓNS INFORMATIVAS
 PERMANENTES
 8. PROPOSTA DE ASIGANCIÓNS ECONÓMICAS AOS GRUPOS POLÍTICOS
 9. PROPOSTA DE INDEMNIZACIÓN POR ASISTENCIA A ÓGANOS COLEXIADOS
 10. PROPOSTA DE ASIGNACIÓN DE ADICACIÓNS EXCLUSIVAS E PARCIAIS
 11. PROPOSTA DE NOMEAMENTO DE REPRESENTANTES DO CONCELLO EN
 ÓRGANOS COLEXIADOS
 12. PROPOSTA DE COMPOSICIÓN DA MESA DE CONTRATACIÓN
 13. PROPOSTA DA MESA DE SEGUIMENTO DE URBANISMO
 En Cedeira, asinado dixitalmente na data que figura na marxe polo Sr. Alcalde Pablo Diego Moreda
 Gil, do que eu, Ana Velo Ruiz, como Secretaria, dou fe.
 | 
 | 
 
 |  | Enviado por Tono el Domingo, 16 julio a las 21:19:02  (187 Lecturas) (Leer más... | 2432 bytes más | ¿Comentarios? | Puntuación 0)
   | 
 | 
 
 | | |  | Cadena SER -  José Antonio Rodríguez Arribe "Xosé de V |  | 
 |  Entrevista con José Antonio Rodríguez Arribe "Xosé de Vigo", candidato del BNG de Cedeira. 
 | 
 | 
 
 |  | Enviado por Tono el Miércoles, 03 mayo a las 18:29:28  (199 Lecturas) (Leer más... | 259 bytes más | ¿Comentarios? | Puntuación 0)
   | 
 | 
 
 | | |  | Xulio Cribeiro - Cadena SER |  | 
 |  Entrevista con Xulio Cribeiro, candidato del PP a alcalde de Cedeira 
 | 
 | 
 
 |  | Enviado por Tono el Viernes, 28 abril a las 20:40:32  (183 Lecturas) (Leer más... | 227 bytes más | ¿Comentarios? | Puntuación 0)
   | 
 | 
 
 | | |  | Pablo Moreda - Cadena SER |  | 
 |  Entrevista con Pablo Moreda, alcalde de Cedeira 
 | 
 | 
 
 |  | Enviado por Tono el Viernes, 28 abril a las 20:38:01  (194 Lecturas) (Leer más... | 206 bytes más | ¿Comentarios? | Puntuación 0)
   | 
 | 
 
 | | |  | Municipais 2023 - Cedeira |  | 
 |  Circunscripción electoral: Cedeira 
 Candidatura núm.: 1. Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE (PSdeG-PSOE)
 
 1. Don PABLO DIEGO MOREDA GIL
 
 2. Doña CARMELA PRIETO CAL
 
 3. Don JESUS ROMERO CARRACELAS
 
 4. Doña LUCIA PICOS ANEIROS
 
 5. Don ISMAEL DURAN BEREIJO
 
 6. Doña MARIA DEL CARMEN LOPEZ LOPEZ
 
 7. Don EMILIO LOPEZ BARGE
 
 8. Doña MARTA PEREZ DURAN
 
 9. Doña ERMITAS GARCIA RIOS
 
 10. Don MANUEL MARTINEZ LOPEZ
 
 11. Doña MAGDALENA PEREZ VILLAR
 
 12. Don MANUEL PEREZ RIOLA
 
 13. Don JOSE LUIS VERGARA REY
 
 Suplentes
 
 1. Don FRANCISCO HERMIDA MOSQUERA
 
 2. Doña EMILIA DURAN FERNANDEZ
 
 3. Don JOSE BUSTABAD DOMINGUEZ
 
 4. Doña GLORIA LUISA VILELA ORIONA
 
 5. Don MARCIAL BLANCO LOPEZ
 
 Candidatura núm.: 2. PARTIDO POPULAR (PP)
 
 1. Don XULIO CRIBEIRO GARCIA
 
 2. Don PABLO LUIS NEBRIL LOPEZ
 
 3. Doña MARIA LUZ LEONARDO ANEIROS
 
 4. Doña OLGA IGLESIAS BEREIJO
 
 5. Don GUILLERMO CANOSA NAVEIRAS
 
 6. Don HIGINIO MANUEL CASAS REGUEIRA
 
 7. Don JOSE GERMAN GARCIA VEIGA
 
 8. Doña MARIA ELENA LOPEZ RODRIGUEZ
 
 9. Doña ANA MARIA MUIÑO COSTA
 
 10. Don ESTEBAN BLANCO GARROTE
 
 11. Doña LIDIA BREIJO DURAN
 
 12. Doña MARIA DEL PILAR PEREZ VILLAR
 
 13. Don JUAN LUIS QUINTIANA VERGARA
 
 Suplentes
 
 1. Doña MARIA LUISA PEREZ PRIETO
 
 Candidatura núm.: 3. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO (B.N.G.)
 
 1. Don JOSE ANTONIO RODRIGUEZ ARRIBE “XOSE DE VIGO”
 
 2. Doña MARIA JOSE PERNAS DIAZ
 
 3. Don NOEL LOPEZ LOPEZ
 
 4. Doña MANUELA LOPEZ RODRIGUEZ
 
 5. Doña MARIA JOSE RODRIGUEZ PEREZ
 
 6. Don MARTIN LOPES LOURIDO
 
 7. Doña CRISTINA PRIETO LAGO
 
 8. Don FERNANDO IGLESIAS BOUZA
 
 9. Doña MARIA DIANA CENDAN RODRIGUEZ
 
 10. Don ANTONIO JOSE LOPEZ MARTINEZ “STILI”
 
 11. Don ROBUSTIANO LABRAÑA BARRERO
 
 12. Doña MARIA ANGELES GONZALEZ CHEDA
 
 13. Doña ANTONIO IGLESIAS PEREZ
 
 Suplentes
 
 1. Doña SILVIA MARIA PICOS LORENZO
 
 2. Doña AMELIA FLORINDA MUIÑO NOVO
 
 3. Doña MARIA CARMEN PEREZ MUIÑO
 
 4. Don CAMILO CASAL GARCIA
 | 
 | 
 
 |  | Enviado por Tono el Viernes, 28 abril a las 20:33:36  (263 Lecturas) (Leer más... | 2666 bytes más | ¿Comentarios? | Puntuación 0)
   | 
 | 
 
 | | |  | BNG - Cedeira |  | 
 |  O próximo venres 31 de marzo ás 20:00hrs convidámosvos á celebrar conosco no Auditorio Municipal a presentación da candidatura do BNG ás Eleccións Municipais 2023 
 Temos o grato pracer de anunciar que neste acto intervirán, Antonio López (Stily), a nosa voceira municipal María Xosé Rodríguez, o noso candidato Xose Antonio Rodríguez Arribe; contaremos tamén coa presenza e a palabra da nosa voceira nacional Ana Pontón. 
 
 | 
 | 
 
 |  | Enviado por Tono el Viernes, 24 marzo a las 19:37:22  (222 Lecturas) (Leer más... | 1036 bytes más | ¿Comentarios? | Puntuación 5)
   | 
 | 
 
 | | |  | 135.324,46 € :::: Concello de Cedeira |  | 
 |  A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria realizada o día 20-04-2021, adoptou o seguinte acordo: 
 Proposta de pago das axudas de 
concellos adheridos ao fondo de financiamento para a reactivación 
económica e social da provincia de A Coruña. Concello de Cedeira.
 
 
Pódese descargar o documento integro na seguinte ligazón: 
 | 
 | 
 
 |  | Enviado por Tono el Martes, 27 abril a las 21:11:11  (333 Lecturas) (Leer más... | 848 bytes más | ¿Comentarios? | Puntuación 0)
   | 
 | 
 
 
 |  | | Encuesta |  |  | 
 
 | Noticia Destacada |  |  | 
 
| 
| Hoy aún no hay una Gran Noticia. |  |  
 | Noticias Anteriores |  |  | 
 
| 
| | Jueves, 04 marzo |  | · | Xunta de Galicia ::::: Código QR |  | Jueves, 25 febrero |  | · | DOGA ::::: COVID |  | · | Concello de Cedeira :::: Orzamento 2021 |  | Martes, 23 febrero |  | · | Concello de Cedeira :::: Pel-Reactiva |  | · | DOGA |  | Lunes, 22 febrero |  | · | Xunta de Galicia |  | · | Xunta de Galicia |  | Viernes, 19 febrero |  | · | LÍMITES DE RENDIMIENTOS NETOS EN CADA PRESTACIÓN |  | · | Cese.-S.S. |  | Jueves, 18 febrero |  | · | II Plan de rescate da Xunta de Galicia |  | · | Plan de Rescate - Xunta |  | Lunes, 08 febrero |  | · | CRÍTICA :  PINTURAS DE MANUEL PARADA - CATALUNYA |  | Domingo, 10 noviembre |  | · | 10N |  | · | 10N |  | Viernes, 05 julio |  | · | Concello de Cedeira |  | Lunes, 01 julio |  | · | BOP |  | · | BOP |  | · | BOP |  | Martes, 05 julio |  | · | PODEMOS Cedeira :::: 1º ano perdido |  | Jueves, 02 junio |  | · | PODEMOS Cedeira :::: Denuncia |  | Lunes, 23 mayo |  | · | PODEMOS Cedeira :::: Denuncia |  | Domingo, 22 mayo |  | · | Concello de Cedeira ::: Nota de prensa |  | Sábado, 21 mayo |  | · | PP Cedeira ::: Denuncia |  | · | Concello de Cedeira ::: Nota de prensa |  | · | Concello de Cedeira ::: Nota de prensa |  | · | PODEMOS Cedeira :::: PLENOS |  | Domingo, 10 abril |  | · | 3ª CARRERA NOCTURA SAN ISIDRO – CEDEIRA |  | · | Concello de Cedeira ::: Nota de prensa |  | Jueves, 07 abril |  | · | Concello de Cedeira ::: Nota de prensa |  | · | Concello de Cedeira ::: Nota de prensa | 
 Artículos Anteriores
 |  |  
 |  
 
 |