Atopan restos de pesticidas e mercurio en filetes de panga e perca
Fecha Sábado, 05 junio a las 11:14:02
Tema PHP-Nuke


Perca común

A Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) recomenda non consumir panga e perca posto que se teñen atopado restos de pesticidas no panga e trazas de mercurio nos filetes de ambos peixes e aínda que se asegura que estes residuos contaminantes están dentro dos límites legais e non supoñen un risco inmediato para a saúde, aconsellan non comelos mais dunha vez por semana.




Para esta organización, o panga e a perca entraron "con forza" nos hábitos de compra e consumo españois, sobre todo, nos comedores colectivos onde a veces sérvese como filetes de linguado ou mero mais, tras sospeitar da presenza de posibles contaminantes ambientais pola súa produción "intensiva" e polas zonas onde se localiza, a OCU analizou 23 mostras de panga (17 conxeladas e seis frescas) e outras seis de perca coa citada conclusión.

Trátase de dous peixes de auga doce e criados en acuicultura que proceden de países lonxanos: o panga  críase no río Mekong (Vietnam) e a perca habita no lago Victoria en África.

Herbicida prohibido

En concreto, en catro das mostras de panga atopouse trifluoralina, un herbicida prohibido en Europa mentres que nos filetes de perca non se atoparon praguicidas.

Tamén detectaron mercurio en nove das 29 mostras de panga e perca analizadas. As cantidades de mercurio non superan o límite legal de 0,5 mg/Kg pero, en algúns casos, si alcanzaron a metade desa cifra. A xuízo da OCU,  deberíase "reconsiderar" a lista dos peixes que normalmente se consideran como fonte de mercurio, como o atún ou o emperador, tras os resultados.

"Tendo en conta que estes peixes sérvense en comedores escolares e os nenos poden chegar a comelos varias veces por semana, ao final a inxesta do mercurio pode chegar a ser significativa".


http://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2010/03/05/hallan-restos-pesticidas-mercurio-filetes-panga-perca/363788.html





Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=997