A Consellería do Mar reúne a percebeiros e percebeiras
Fecha Jueves, 03 junio a las 12:25:59
Tema PHP-Nuke


A Consellería do Mar, a través da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, organizará mañá, 4 de xuño, no Hotel Congreso de Santiago un encontro sectorial no que participarán 80 representantes de percebe de 24 organizacións de toda Galicia.

O obxectivo deste encontro, que inaugurará a directora xeral Susana Rodríguez Carballo e clausurará a conselleira do Mar, Rosa Quintana, é perfilar posturas en común sobre determinados temas que afectan ao desenvolvemento do sector. Así, esta xornada servirá para intercambiar experiencias entre os distintos colectivos que traballan na explotación deste recurso e debater, a través de mesas de traballo, temas como as medidas de xestión para unha explotación sostible do recurso, a importancia da organización para o desenvolvemento do sector e a problemática do furtivismo.

A comercialización deste marisco será outro dos temas que se tratarán nesta xornada. A identificación do produto e o funcionamento do mercado centrarán esta mesa de traballo onde os participantes coñecerán a experiencia do Porto de Celeiro na comercialización de produtos pesqueiros.

O réxime especial do mar, cos seus coeficientes reductores, as enfermidades profesionais e as bases de cotización así como a normativa sobre tripulacións e despachos serán outros dos temas que se explicarán neste encontro. Tamén se exporá a normativa sobre a potencia das embarcacións de percebe e se falará sobre a seguridade no traballo.

Link: XONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=992