Cedeira-TEGA e BNG acatarán as medidas da Fegamp
Fecha Jueves, 03 junio a las 12:35:17
Tema PHP-Nuke


As agrupacións de TEGA e do BNG en Cedeira anunciaron onte que acatarán a medida da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) sobre a rebaixa nas retribucións de alcaldes e cargos electos en función dos salarios que perciben entre un 0,25% e un 15%. Os portavoces de ambos grupos no consistorio, Xermán Tobío, e Alfredo del Río, respectivamente, confirmaron que en ningún caso renunciarán ás súas dedicacións exclusivas no municipio, por entender que é o xeito máis axeitado de atender as súas funcións no consistorio. Tobío e a concelleira Manuela Rodríguez asistirán hoxe a un novo encontro co alcalde, José Luis Vergara, para abordar a situación, confiando en que o pacto continúe “a non ser que se impoña a retirada das dedicacións exclusivas”, apuntou o nacionalista. Alfredo del Río asegurou tamén onte que o anuncio do alcalde, José Luis Vergara, de renunciar á súa dedicación exclusiva no Concello “ten trampa”. O nacionalista recordou ao respecto que o actual rexedor “retomará o seu traballo no Ensino e recibirá un plus de altos cargos, de 12.000 euros anuais, que pagarán as arcas públicas”. O BNG incide en que o número 15 do pacto de goberno asinado recolle que o alcalde debe ter dedicación exclusiva.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=991