Cambio de ubicación . Festa do Percebe
Fecha Jueves, 03 junio a las 10:25:43
Tema PHP-Nuke


A menos de tres semanas de que se celebre en Cedeira a tradicional Festa do Percebe, a organización acaba de decidir cambiar a localización da carpa principal, inicialmente prevista na praza Vermella. O Concello e a recentemente creada Iniciativa para a promoción turística de Cedeira e comarca, organización que engloba a distintos sectores, acordaron cambiar a localización do corazón da festa ao entender que a praza Vermella é un espazo demasiado grande e con poucas vistas ao mar, segundo aclarou onte o edil responsable de Festas, Xermán Tobío. O paseo da Mariña, en cambio, «é máis pequeno, agradable e desde el vese tanto o río como a praia», explica o representante municipal.

É por iso polo que os próximos días 19 e 20 deste mes a marxe dereita do paseo converterase no escenario da tradicional cita gastronómica co crustáceo estrela do municipio.

Este ano repartiranse preto de 2.000 racións de percebe na carpa da comisión de festas e outras case 3.000 nos distintos establecementos que por vez primeira participarán na organización do evento, en total 29, segundo indican fontes municipais.

En cada ración serviranse 250 gramos do crustáceo e o prezo da unidade oscilará entre os 11 e os 13 euros, unha cifra aínda sen concretar.

A próxima edición da Festa do Percebe será a primeira que non organice directamente a confraría de pescadores de Cedeira, entidade que fai semanas anunciou que por problemas económicos non podía facer fronte á cita. Aínda así está colaborando co Concello e a comisión de festas.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=990