Xogos Florais - Cedeira
Fecha Lunes, 31 mayo a las 11:53:14
Tema PHP-Nuke


Despois de dous anos en branco os Xogos Florais de Cedeira recuperaron folgos e retomáronse onte coa X edición do certame poético. Un total de catorce poetas competiron no auditorio municipal, cifra da que saíron os tres galardonados.

O triunfo foi para o poeta local Carlos del Río que presentou a obra “Paixón e morte dun poeta”; o segundo posto foi para a poeta eumesa Cristina Fraga, con “Promesa”, sendo o terceiro lugar para Mª Victoria Lamigueiro Zaera, que concursou coa peza “Nana da avoa”.

O premio consistiu nunha violeta en bronce macizo. O xurado do certame estivo composto polos profesores Mª Paz Díaz e Belén Caridel, o académico Álvaro Porto Dapena e o sacerdote e poeta Lázaro Domínguez. Xavier Rodríguez Vergara, presidente da asociación cultural Río Condomiñas, organizadora do acto, alabou a alta calidade da composición e recitado dos participantes e manifestou a súa esperanza de que este certame non volva “ficar interrumpido”.

O acto no auditorio contou coa presenza de nenos do colexio Nicolás del Río, así como unha actuación musical de Los Tres Solitarios, de Ferrol.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=984