XOGOS FLORAIS X EDICIÓN
Fecha Domingo, 30 mayo a las 14:16:49
Tema PHP-Nuke


Hoxe domingo 30 de Maio ás 12:00 terá lugar o esperado evento da X edición dos Xogos Florais de Cedeira no Auditorio Municipal de Cedeira .

Dende o ano 2007 non se celebraba este prestixioso certame de poesía que dinamizou e prestixiou a vida cultural do nosa Vila e Terra durante a última década nun formato que recorda o rexurdir das nosas letras e que foi erguido polo cedeirense Pascual López Cortón, mecenas que financiou os primeiros Xogos florais de Galiza e que significaron o rexurdir das letras galegas no século XIX.

É imprescindible non esquecer o aporte e apoio económico ou organizativo da Deputación da Coruña (Pablo Villamar Vicepresidente da Deputación), do Concello de Cedeira (Quique, dinamizador do concello), da Asociación Cultural Citania (André Pernas), da Mesa pola normalización lingüística (Fernando Iglesias responsable comarcal), das diversas empresas que fixeron o seu aporte e como non da Sociedade cultural organizadora, a Rio Condomiñas e os seus máximos valedores e pioneiros deste certame como son o escritor e poeta Cedeirense,  Francisco de Sotavento ou Diego Romero, ademais das nenas e nenos do colexio Nicolás del Rio e o grupo musical Los Solitarios que dinamizaran este gran evento cultural.

Grazas a todos por recuperar este prestixioso certame.

Flores e verbas: Mil Primaveras mais para idioma galego.

 

 



Link: envíos






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=982