Centro de Linguas : en xullo cursos intensivos de idiomas
Fecha Viernes, 28 mayo a las 13:52:43
Tema PHP-Nuke


A Universidade dá Coruña (UDC) acaba de facer pública a convocatoria de cursos intensivos de idiomas que celebrará durante este verán no campus de Ferrol a través do seu Centro de Linguas. Segundo informou Cristina Mandic, coordinadora do centro, a oferta inclúe seminarios de italiano, portugués, alemán, inglés e francés, así como cursos específicos de conversación destes dous últimos idiomas.

Os seminarios, de diferentes niveis, desenvólvense entre os días 5 e 22 de xullo. No caso dos cursos convencionais, haberá clases catro días á semana, mentres que os de conversación desenvolveranse dous días á semana.

Este verán, como novidade, os alumnos que o desexen poderán compaxinar un curso convencional coas clases de conversación, algo que non se podía facer ata agora por falta de dispoñibilidade horaria no Edificio de Apoio ao Estudo, que é onde se celebran os seminarios.

Os interesados en asistir a estes cursos poden obter máis información chamando ao 981 33 74 00 (extensión 3626) ou na sede do Centro de Linguas, sita no campus de Esteiro. O prazo de matrícula abrirase o próximo 1 de xuño e non concluirá ata o día 23 dese mesmo mes.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=980